Hoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de Xove a II Concentración DE Vehículos clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.
A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, durante todo o día.
A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.
Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momento as inscricións tanto de coches como de motos van a moi bó ritmo.
O Programa de actividades vai ser o seguinte:
-De 9:00 a 11:00 horas.- Recepción e vehículos (coches e motos) na Praza do Centro Cívico. Durante este período, todo o público asistente poderá admirar libremente os vehículos participantes, podendo ademáis compartir experiencias cos seus propietarios.
-Sobre as 11:30 horas:- Realización dun circuíto polo Concello, duns 10 km: saída do Centro Cívico cara a Vila, na parroquia de A Rigueira, continuando cara a Igrexa de San Miguel, en cuxa explanada se van ubicar os vehículos. Os participantes van aproveitar que é a Festa do San Miguel na Rigueira, co cal van poder participar na Misa e na Procesión, e visitar o fermoso entorno, coa área recreativa e a Ruta dos Muiños. Por parte da organización está previsto ofrecerlles un pequeno refrixerio na Área Recreativa.
A continuación a comitiva vai seguir cara o Cruceiro, para dirixirse á A Vara, pasando por Os Faroles, Igrexa de Xuances e baixada cara Area, onde tódolos participantes, sobor das 15:00 horas, van disfrutar dun xantar no Restaurante Louzao.
Unha vez rematado o xantar, a organización ten prevista a entrega de PREMIOS, para finalizar co sorteo dunha serie de produtos doados polos establecementos comerciais colaboradores.