Coches
Cervo acollerá a II Quedada (KKD) multimarca Astur-Galega este sábado, 30 xuño.
A concentración, organizada pola asociación local Chatarracing e por Astur-Vag, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, e por varios membros da organización.
A actividade terá lugar no Polígono de Cuíña desde as 10:00 horas, e prolongarase durante toda a xornada; alí concentraranse todo tipo de vehículos, de todos os estilos (clásicos, racing, 4x4…).
Villares apuntou que se trata dun evento co que diversificamos a oferta de ocio do municipio; e desde o Concello sempre “estamos dispostos a colaborar e a poñer a disposición terreos, instalacións e infraestruturas municipais para que as direferentes asociacións poidan...
leer másFoz acollerá unha concentración de vehículos clásicos o vindeiro sábado, 16 de xuño, coa que colabora o Centro Comercial Aberto.
O programa de actividades dará comezo ás 9:30 horas coa inscrición dos vehículos participantes, que terá lugar na praia da Rapadoira. Ás 12:30 horas haberá unha degustación en locais da rúa Illa Nova e ás 13:30 horas iniciarán unha ruta por Ribadeo.
A xornada continuará co xantar que se celebrará no Parador de Ribadeo ás 14:30 horas. Os asistentes a esta concentración de Vehículos Clásicos realizarán unha ruta por Castropol, e a partires das 16:30 horas farán unha visita guiada pola localidade asturiana.
Ás 17:30 horas haberá un paseo en barco pola ría e ás 20:00 horas percorrerán o porto de Foz. O programa rematará ás 20:30 horas coa degustación duns pinchos...
leer másO Concello de Cervo recibirá o vindeiro sábado, 10 de xuño, a visita dunha caravana de Alfa Romeo, formada por quince vehículos clásicos procedentes de diferentes puntos da xeografía española.
A expedición fará un percorrido por diferentes zonas do noso Concello, como o núcleo de San Ciprián, ou unha visita á fábrica de Sargadelos; xantarán en Cervo, onde a partir das 14:00 horas concentrarán os diferentes vehículos na Praza do Souto, que tamén acollerá a presentación dos dous últimos modelos desta Marca, que estarán dispoñibles para que os poidan probar os asistentes que o así o desexen.
El 17 de junio se celebrará en Foz una nueva edición de la Concentración Clásicos 2017 en la que participarán 120 coches, entre ellos varios Renault Alpine y otros modelos de las décadas de los 30, 50 y 60 del siglo pasado. Los participantes visitarán este año Ribadeo, donde tendrá lugar la clausura de este evento que cuenta con la colaboración del Centro Comercial Aberto de Foz.
El organizador de esta concentración de coches clásicos, Alberto Rodríguez, dijo que “vamos a hacer este año un cupo de 120 coches y ya casi lo hemos cerrado. Hay mucha gente que se está apuntando. Las concentraciones que hacemos nosotros son con una temática tanto gastronómica como cultural. Salimos de Foz, que es el centro de A Mariña, y de ahí vamos siempre a un ayuntamiento diferente, cada año vamos cambiando de ayuntamiento. Este año le toca a Ribadeo....
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente da Escudaría A Pontenova, Manuel Díaz, presentou a sexta edición da Subida á Pontenova, que terá lugar durante a fin de semana do 3 e 4 de xuño. Un evento deportivo que, pese ao seu recente nacemento, no ano 2011, xa se ten convertido nunha das competicións máis espectaculares do calendario autonómico, como proba puntuable para o Campionato Galego de Montaña.
O Goberno da Deputación decidiu colaborar na organización desta popular subida cunha achega de 7.000 euros para promover o turismo e dinamizar a economía da localidade mariñá, posto que o evento reunirá a uns corenta pilotos e milleiros de afeccionados, chegados de toda a xeografía galega e das localidades veciñas de Asturias e Castela e León, entre os que se atopan grandes nomes como o campión galego, Luis Vilariño,...
leer másO Concello de Cervo acollerá a I Quedada (KKD) multimarca Astur-Galega o sábado 27 de maio.
A cita, programada conxuntamente con SoloVag Galicia e Astur-Vag, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e varios dos organizadores.
A actividade terá lugar no Polígono de Cuíña, dende as 10:00 ata as 22:00 horas, e alí concentraranse todo tipo de vehículos, de todos os estilos (clásicos, racing, 4*4…).
A inscrición é gratuíta, e farase ese mesmo día nas propias instalacións.
Ao longo da xornada, ademais da propia exposición de vehículos, haberá probas de ruído, exhibición de 4*4, e moitas sorpresas e sorteos.
Haberá ademais entrega de trofeos ao grupo máis numeroso, ao coche máis antigo, ao condutor máis veterano...
leer más