A Casa da Cultura de Foz acolle unha charla sobre consumo responsable no Nadal o 20 de decembro.

A Casa da Cultura de Foz acolle unha charla sobre consumo este venres, día 20, ás 17:30 horas. O título desta actividade é Este Nadal menos é máis. Por un consumo responsable.

A concelleira Verónica Peña explicou que o obxectivo da charla, que dará unha técnica de Consumo da Xunta de Galicia, é “saber os dereitos que temos os consumidores, as garantías e as vías de reclamacións que hai cando un produto non sae como esperamos”.

O concelleira focense anima aos veciños a “avanzar nunha senda sostible, tamén en materia de consumo, e para elo existen formas de actuar como mercar no comercio local ou actuar de forma reflexiva á hora de comprar, optando por una opción sostible sempre que sexa posible”.