O Concello de Cervo organiza un obradoiro de maquillaxe de Entroido para o 12 de febreiro. Será gratuíto. A inscrición está aberta.

O Concello de Cervo organiza un obradoiro de maquillaxe de Entroido para o 12 de febreiro. Será gratuíto. A inscrición está aberta.
 
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, organiza un obradoiro de maquillaxe de Entroido que terá lugar o vindeiro domingo 12 de febrero na Casa da Cultura.
 
A inscrición, de carácter gratuíta, está aberta para todos aqueles veciños de entre 18 e 30 anos que desexen adquirir coñecementos nesta materia.
 
Os interesados poderán anotarse a través de calquera dos seguintes medios:
- Enviando un WhatsApp ao teléfono 691.65.66.00
- No correo dinamización@concellodecervo.com
- Chamando ao 982.87.95.83 (OMIX)
 
O curso será impartido en horario de 10.00 a 14.30 horas, por unha especialista en técnicas de maquillaxe á auga.
 
A concelleira delegada de Xuventude, Dolores García destaca que “este evento é un complemento máis á programación de Entroido sobre a que xa estamos a traballar intensamente e que presentaremos nos vindeiros días”. Agardamos así -engade- “que os nosos veciños e veciñas participen neste obradoiro, que lles permitirá adquirir técnicas e coñecementos que logo poderán levar á práctica os días de Entroido”.
 
O Entroido de Cervo celebrarase o domingo 26 de febrero, o de San Cibrao será o martes 28, e o Entroido de San Román terá lugar o sábado 4 de marzo.