Cervo

Etiquetas:
27/10/2021

A piscina Olímpica Municipal de Lieiro volve á normalidade a partir do vindeiro martes 2 de novembro. Desde esa data, os usuarios e usuarias do complexo xa non necesitarán facer unha reserva previa para o acceso ás instalacións deportivas.

Recordamos tamén que xa desde o pasado sábado, os aforos en instalacións deportivas permiten o 100% de ocupación, polo que a Piscina Olímpica Municipal de Lieiro pode acoller a súa máxima capacidade. 

Segundo o o concelleiro de deportes, Davíd Rodríguez, trátase “dunha boa nova que significa que pouco a pouco vamos deixando atrás a pandemia e vamos recuperando a normalidade”. Salienta tamén que “con estas novas medidas os usuarios e usuarias poderán gozar de máis liberdade á hora de acceder ás nosas instalacións”.

Etiquetas:
23/10/2021

O Concello de Cervo inicia un novo curso do taller de memoria que programa cada ano – a excepción do anterior debido á pandemia - a delegación de Servizos Sociais, e que imparte polos locais das diferentes parroquias do municipio a técnica deste departamento, Elisabet Peña. 

Ao longo deste curso  trabállanse técnicas e estratexias co fin de fortalecer e rehabilitar a atención, a orientación, a memoria, o razoamento, a linguaxe, o cálculo, a psicomotricidade e as funcións neurocognitivas.

Sinala o rexedor Alfonso Villares que “é unha actividade máis que consolidada dentro da programación que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerlles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é...

leer más
Etiquetas:
16/10/2021

O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama. 

Ás 17:30H a supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.

Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.

Etiquetas:
10/10/2021

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presenta o programa “A Caixa de música”, un ciclo de concertos de música clásica e de bandas que terán lugar en diferentes puntos do Concello nos vindeiros meses.

Este programa terá a súa apertura este martes na Praza do Souto co concerto da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro ás 13:00H. 

A Caixa de música pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos serán en fins de semana ou festivos á hora do mediodía.

Segundo a Concelleira de Cultura Dolores García Caramés “é un xeito de complementar o diverso abano de oferta musical que durante todo o ano levamos a cabo no noso Concello e deste xeito tamén achegamos á nosa veciñanza estilos de música para todos os gustos”.

Engade...

leer más
Etiquetas:
08/10/2021

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, presentou o programa “O son do nordeste” que encherá a vila de música diversa de aquí a final do ano.

“O son do nordeste” será un ciclo de música que acollerá concertos de diversos estilos musicais en diferentes emprazamentos do Concello de Cervo durante as noites dos meses de outubro, novembro e decembro. 
 
Este ciclo musical inaugúranse o vindeiro luns, 11 de outubro, co concerto de The Show Bass ás 21:00H na Praza dos Campos de San Ciprián. O grupo compostelán tocará cancións con ritmos rocksteady, rythm & blues e soul xamaicano.

Segundo a Concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, “trátase dunha continuación do extenso programa de concertos que vimos celebrando durante todo o verán e que tiveron unha grande acollida. Agardamos que...

leer más
Etiquetas:
18/09/2021

O Concello de Cervo abre o próximo luns o prazo de inscrición para a nova temporada das Escolas Deportivas Municipais e dos cursos de natación, sempre cun estrito protocolo de seguridade e limite de aforo motivado polo COVID-19.

Nas escolas deportivas infantís impartiranse as modalidades de ximnasia rítmica, multideporte, patinaxe, ioga e volei; mentres que nas escolas deportivas de adultos as clases serán de fit-dance, pilates, ximnasia de mantemento e ioga. 

As fichas de inscrición facilitaranse e entregaranse no Concello ou na Casa da Cultura en horario de 09:00H a 15:00H e o criterio de admisión fixarase segundo a orde de entrega da documentación.

Tamén se abre o prazo o próximo luns para os cursos de natación da temporada 2021-2022 tanto para infantil como para adultos. Hai...

leer más
Etiquetas:
07/09/2021

O Concello de Cervo reabriu o vaso a piscina olímpica municipal este luns, 6 de setembro. 

Avanzou David Rodríguez, o edil de deportes, que desde o día de onte están  dispoñibles o vaso e o ximnasio público, dos que as persoas usuarias poderán facer uso “sempre a través de reserva vía telefónica a través do 982594512”; para poder ter un control exhaustivo do aforo, que será limitado.

O horario da piscina será de luns a venres en horario de 09:00H a 15:00H e de 16:00H a 22:00H; e os sábados de 09:00H a 13:30H e de 17:30H a 20:30H.
 
O concelleiro avanzou tamén que “nos vindeiros días daranse a coñecer os diferentes cursos que se impartirán na piscina na temporada 2021-2022 cos seus respectivos horarios”.

O responsable de deportes apuntou que “durante este tempo no que nos vimos...

leer más
Etiquetas:
04/09/2021

O Concello de Cervo vén de dixitalizar o proceso de reservas das dúas pistas de pádel municipais situadas no complexo deportivo da Veiga.

Así,  as persoas interesadas xa poden acceder ao espazo de reservas de Espazos Deportivos  https://reservas.concellodecervo.com/, crear o seu usuario, e seleccionar o día e a franxa horaria que mellor se adapte ás súas circunstancias. Unha vez realizado o pago da pista recibirán un correo eléctrónico que acredita dita reserva.

Unha vez realizado o trámite, as chaves da instalación estarán a disposición das persoas usuarias na piscina municipal en horario de 10:30 a 13:30 horas, de luns a venres; e de 10:30 a 13:30 horas, os sábados (durante o verán). Un horario que se amplía no inverno sendo de 9:00  a 15:00...

leer más
Etiquetas:
01/09/2021

O Concello de Cervo programa para este venres, día 3 de setembro, a actuación de Dani Royo&Versions Band. Terá lugar na praza do Souto a partir das 21:30 horas.

Esta banda versiona en español éxitos de todos os tempos, desde a década dos 80 ata a actualidade. Inclúe no seu repertorio temas de Manolo García, Maná ou La Guardia, entre outros.

Este concerto fora aprazado, no seu día, a causa do mal tempo.

Etiquetas:
25/08/2021

Este xoves, 26 de agosto, en Cervo na praza do Souto haberá un espectáculo para disfrutar en familia. Trátase de “Flipa cos contos”, a partir das 22:00 horas. 

Para asistir é preciso anotarse media hora antes na mesma ubicación.