Celeiro
Presentada a XXII Festa da Merluza de Celeiro, que se celebra o vindeiro sábado, 20 de xullo, a partir das 21 horas na Lonxa Vella de Celeiro. Repartiranse entorno a 2000 racións de merluza fresca do pincho e 7 modalidades diferentes: especial Penalba, a la gallega, en salsa verde, en salpicón, en caldeirada, en empanada o en Galipizza. Os prezos oscilarán entre os 4 e os 10 euros.
Esta Festa é posible grazas a:
Aos 100 voluntari@s que colaboran na organización
Cofradía de Pescadores de Celeiro
Puerto de Celeiro S.A.
Concello de Viveiro
Deputación de Lugo
Abanca
Gadis
Desde a organización animan a acudir a Celeiro este sábado: "achégate a probar a merluza de Celeiro, a mellor do mundo enteiro!".
A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín, de Celeiro, anuncia que a celebración da XXII edición da Festa da Merluza do Pincho do ano 2019 será o 20 de xullo.
Esta festa foi declarada de Interese Turístico Galego en xullo de 2013, pasando así a ocupar un lugar importante tanto na actividade turística mariñán como da provincia de Lugo e da comunidade galega ao ser un reclamo cultural extraordinario para o visitante.
A asociación cultural e deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín convoca a VI edición do concurso infantil de debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
O obxectivo é facer partícipes desta festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España, e facer un debuxo relacionado co evento. Poden participar todos os nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2018). Os participantes deberán realizar un debuxo relacionado co pobo de Celeiro ou coa Festa da Merluza en particular. Os debuxos ou murais deberán facerse a man non valendo o uso do ordenador, e terán que levar o texto Festa da Merluza de Celeiro.
O prazo de presentación de traballos remata o día 29 de maio de 2018, e os debuxos poderán entregarse a algún membro da directiva da ACD...
leer másA directiva da Asociación Cultural e Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín anuncia que a XXI edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro terá lugar o 21 de xullo de 2018.
Esta asociación lembra que desde o mes de xullo de 2013 a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro foi declarada Festa de Interese Turístico Galego pasando así a ocupar un lugar importante tanto na actividade turística mariñán como da provincia de Lugo e da comunidade autónoma galega. Deste xeito pasou a ser un reclamo cultural extraordinario para todo visitante.
A Delegación Territorial da Xunta acolleu hoxe a presentación da Festa da Merluza de Celeiro, cita declarada de interese turístico galego, que se celebrará este sábado, día 15 de xuño, nesta localidade do concello lugués de Viveiro.
A presente edición será a número vinte polo que desde a organización agardan celebrar este aniversario cun gran éxito de público. O ano pasado repartíronse máis de 2.000 racións o que demostra que habitualmente ten moi boa acollida como unha das citas gastronómicas máis valoradas da Mariña lucense.
O evento foi presentado polo delegado territorial, José Manuel Balseiro; o tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández, e os directivos do colectivo Chilindrín-Peñalba, Bernardo Fraga e Rosario San Isidro, que se encarga da organización desta cita.
Balseiro puxo...
leer másO 6 de xullo sortearase o décimo de lotería nacional que Loterías y Apuestas del Estado fixo para conmemorar a XX edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
A presentación do décimo tiña lugar hai uns días no peirao norte do porto de Celeiro, e no acto estiveron o presidente da ACD Penalba (entidade organizadora), Bernardo Fraga; o patrón maior da cofradía de pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro, Domingo Seijas; o representante de Puerto Celeiro SA, Eduardo Míguez; a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Rosario San Isidro e Montserrat Ramil, membros da asociación; e a delegada de Loterías y Apuestas del Estado para a provincia de Lugo, Pilar Lorenzana.
O deseño do décimo correu a cargo de Dani Kxt, chilindrín afincado en Madrid e colaborador da asociación en todas as súas andainas.
O 15 de xullo terá lugar en Celeiro a XX edición da Festa da Merluza. Esta festa de exaltación da merluza do pincho fresca, a alta gama dese pescado branco, é declarada de Interese Turístico Galego. Precisamente este ano coincidindo co seu décimo aniversario a Lotería Nacional dedicou un décimo a promoción desta festa.
A XX Festa da Merluza desenvolverase na lonxa vella de Celeiro e a degustación dará comezo ás 21:00 horas. Como en anteriores edicións serviranse arredor de 1.500 racións entre os asistentes.
Organizada pola asociación Penalba Chilindrín conta co patrocinio da Confraría de Pescadores e Porto de Celeiro, e a colaboración do Concello de Viveiro e a Deputación de Lugo.
Este martes, 13 de xuño, ás 20:00 horas tivo lugar no local da ACD Penalba de Celeiro a reunión do Xurado...
leer másO colectivo Chilindrín Penalba celebra o décimo aniversario dos seus encontros anuais o día 3 de xuño.
Esta xuntanza de xente de Celeiro celebrarase nunha cea-baile que terá lugar o sábado 3 de xuño, no restaurante Louzao en Area, ás 22:30 horas.
As entradas a un prezo de 40 euros, están á venta no Bar Rolindes en Celeiro ata o 1 de xuño.
O colectivo Chilindrín leva a cabo a campaña de promoción deste evento baixo o lema Todo o que entre na rede é peixe, e convida a todos a participar nesta festa que conmemora o décimo encontro anual dos seus soci@s.
A ACD PENALBA de Celeiro por quinto ano pon en marcha o V concurso de debuxo infantil da festa da merluza do pincho de Celeiro e invita a todos a participar.
O prazo de presentación de solicitudes será ata o 25 de maio e poderán participar tod@s @s nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).
1. OBXECTIVO XERAL:
Facer partícipes da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.
Elaborar un debuxo relacionado coa Festa da Merluza do pincho de Celeiro.
2. REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).
3. CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Os participantes deberán realizar un debuxo ou mural relacionado co pobo de...