A ACD Penalba convoca o V Concurso Infantil de Debuxo da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro. Os traballos poden presentarse ata o 25 de maio.

A ACD PENALBA de Celeiro por quinto ano pon en marcha o V concurso de debuxo infantil da festa da merluza do pincho de Celeiro e invita a todos a participar.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 25 de maio e poderán participar tod@s @s nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).

1.    OBXECTIVO XERAL:
Facer partícipes da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España.

Elaborar un debuxo relacionado coa Festa da Merluza do pincho de Celeiro.

2.    REQUISITOS DOS PARTICIPANTES:
Poderán participar no concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2017).

3.    CONTIDO DA ACTIVIDADE:
Os participantes deberán realizar un debuxo ou mural relacionado co pobo de Celeiro e coa festa da merluza en particular.
 
Os debuxos ou murais deberán facerse á man, non valendo o uso do ordenador.

O debuxo ou mural deberá levar o texto: FESTA DA MERLUZA DE CELEIRO.

4.    PRAZO:
Os interesados deberán presentar os  debuxos antes do día 25-05-2017 inclusive.

Os debuxos deberanse remitir: 
•    Facendo entrega do mesmo a algún membro da Directiva da ACD PENALBA de Celeiro. 
•    Por correo postal á seguinte dirección: Almacén nº20 do Muelle sur de Celeiro. CP 27863. Viveiro. Lugo.

Xunto co debuxo que se presente será necesario que o participante cubra a instancia que consta como anexo 1 destas bases, grapando o debuxo á instancia.

5.    EXCLUSIÓNS:
Quedarán excluídos todos aqueles debuxos que non cumpran os requisitos esixidos.

6.    FORMA DE CONTROL:
A organización do evento asignará un número a cada debuxo e porá o mesmo número á instancia cuberta, separando o DEBUXO presentado da instancia para así garantir a obxetividade do Xurado.

O Xurado terá á súa disposición os debuxos numerados na súa parte traseira e ditará o seu veredicto nomeando gañador a un número o cal identificará ao gañador. 

Unha vez dictado o veredicto polo Xurado  este comunicará á Organización o número de cartel elexido e a citada procederá a nomear físicamente ao gañador.

7.    COMUNICACIÓN DO GAÑADOR: 
O gañador comunicarase antes do día 05-06-2017 a través dos medios habituais de comunicación así como directamente ao gañador do concurso.

O Xurado reservase o dereito a declarar deserto o concurso.

8.    VALORACIÓN E XURADO:
O xurado estará formado por:
•    Presidente da ACD Penalba de Celeiro: Bernardo Fraga Galdo.
•    Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro: Lara Fernández Fernández-Noriega.
•    Representante da Cofradía de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro: Domingo Rey Seijas.
•    Representante de Puerto de Celeiro SA: Eduardo Míguez López.
•    Representante do CEIP A. Pedrosa Latas de Celeiro: Vicente Míguez Salgueiro.
•    Actúa como Secretaria, con voz e sen voto, a Secretaria da ACD Penalba de Celeiro que levantará acta do acordado: Saray Blanco Canoura.

Valorárase:
•    Orixinalidade.
•    Estilo.
•    Técnica.
•    Expresividade artística.
•    A relación coa festa a celebrar.
•    Todos aqueles datos que o xurado considere oportunos.

9.    OBRAS PARTICIPANTES:
•    Cada participante poderá presentar un só proxecto.
•    Todos os proxectos participantes poderán ser expostos ao público.
•    O debuxo gañador quedará en propiedade da ACD PENALBA de Celeiro que se reserva o dereito a ediala e utilizala facendo mención ao autor da mesma.
•    O feito de concursar supón a aceptación das bases do concurso.
•    O fallo do xurado será inapelable.

10.    PREMIO:
Primeiro premio: Material didáctico valorado en 150,00 €.
Segundo premio: Material didáctico valorado en 50,00 €.
Terceiro premio: Material didáctico valorado en 50,00 €.