A directiva da Asociación Cultural e Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín anuncia que a XXI edición da Festa da Merluza do Pincho de Celeiro terá lugar o 21 de xullo de 2018.
Esta asociación lembra que desde o mes de xullo de 2013 a Festa da Merluza do Pincho de Celeiro foi declarada Festa de Interese Turístico Galego pasando así a ocupar un lugar importante tanto na actividade turística mariñán como da provincia de Lugo e da comunidade autónoma galega. Deste xeito pasou a ser un reclamo cultural extraordinario para todo visitante.