A asociación cultural e deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín convoca a VI edición do concurso infantil de debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
O obxectivo é facer partícipes desta festa a toda a poboación infantil de Celeiro, do Concello de Viveiro, e por extensión de toda Galicia e España, e facer un debuxo relacionado co evento. Poden participar todos os nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2018). Os participantes deberán realizar un debuxo relacionado co pobo de Celeiro ou coa Festa da Merluza en particular. Os debuxos ou murais deberán facerse a man non valendo o uso do ordenador, e terán que levar o texto Festa da Merluza de Celeiro.
O prazo de presentación de traballos remata o día 29 de maio de 2018, e os debuxos poderán entregarse a algún membro da directiva da ACD Penalba de Celeiro, ou enviarse por correo postal a Almacén nº20 do Muelle sur de Celeiro. CP 27863. Viveiro. Lugo. O fallo do xurado anunciarase antes do día 11 de xuño de 2018 a través dos medios habituais de comunicación así como directamente ao gañador do concurso.
Valorarase a orixinalidade, o estilo, a técnica e a relación coa festa a celebrar entre outros aspectos. Cada participantes pode presentar un só proxecto e todos os presentados poderán ser expostos ao público.
O primeiro premio será material didáctico valorado en 150 euros, o segundo premio material didáctico valorado en 50€ e o terceiro premio material didáctico valorado en 50 euros.