Barreiros
12/08/2015
O folk en feminino de Habelas Hainas porá música á queimada que este venres, 14 de agosto, organiza o Cámping Gaivota de Barreiros. É unha das propostas musicais de agosto nas instalacións xestionadas por Celso Dourado, e comezará ás once da noite.
Dourado conta a historia deste grupo que xa actuou noutras ocasións no lugar: “é un grupo nacido no 2010 e as primeiras actuacións que fixeron foron precisamente no Cámping Gaivota. Xúntanse catro rapazas para crear un proxecto, Habelas Hainas, e a súa grande versatilidade vai un pouco alén de ser multiinstrumentistas, xa que cada unha delas toca distintos instrumentos. Explorar outros eidos artísticos e, dalgunha maneira, pódese dicir que as súas interpretacións rozan o poético e o teatral. Fan dos seus espectáculos algo...
leer más 12/08/2015
Un ano máis, as festas de San Caetano da parroquia barreirense de Celeiro de Mariñaos acollen a Festa da Tortilla, que nesta edición chega aos 20 anos de historia. O evento celebrarase o venres 14 e o sábado 15.
A festa comeza o día 14 ás 9 da noite cunha torrezmada e chourizada amenizada polo grupo de música tradicional Os do Pilón, de Arzúa. Actuarán tamén esa noite Os Parentes, grupo de música popular de Sober e o grupo Agua Marina, de Viveiro, encargados da verbena.
O sábado 15 ás 12 da mañá presentaranse as tortillas para o concurso. Ás 13 horas oficiarase na capela a misa coa procesión e despois será a sesión vermú a cargo da Charanga Compostela. Pola tarde será a quenda dos xogos tradicionais e do espectáculo infantil A...
leer más 06/08/2015
O Cámping Gaivota e o espazo Eido Dourado acollerán este venres e este domingo dous concertos. O de Gelem Gelem celebrarase no Gaivota a partir das 11 da noite do venres, 7 de agosto, xunto á tradicional queimada, e o de Falúa, proxecto da cantante Sara de Sousa, terá lugar no Eido Dourado dentro do ciclo Concertos do Solpor dos domingos de verán. Será o 9 de agosto ás dez da noite.
Celso Dourado, xestor dos dous espazos, explica o programa, que no caso dos Concertos ao Solpor “é xa a 4º concerto deste verán e comeza sobre as 22 horas do domingo . “Nesta proposta imos presentar a Falúa, que é o nome do grupo coa que se presenta aquí na Mariña Sara de Sousa. Dela podemos dicir que é unha das voces, xunto a Xiana Lastra, da nova canción galega. É unha renovadora da...
leer más 04/08/2015
O Concello de Barreiros ten aberto ata este venres, 7 de agosto, o prazo de inscrición na actividade Ponlle as pilas ao teu bocata, que busca promover as virtudes das conservas de produtos do mar e aos seus beneficios nutritivos. Os interesados poden anotarse na oficina de Turismo do Concello.
A actividade está organizada polo Concello en colaboración coas Consellerías de Medio Rural e Mar, Cultura, Educación e Sanidade, así como por Anfaco-Cecopesca e levarase a cabo o 12 de agosto ás 11.30 horas no pavillón municipal de San Cosme de Barreiros.
A campaña vai dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e afondará nos seus coñecementos sobre o mundo do mar, das conservas e das súas posibilidades alimenticias, pero tamén contempla...
leer más 29/07/2015
O Festival Folclórico do Emigrante chega á súa 34ª edición o próximo 1 de agosto, data da cita deste ano dun encontro que xunta a música e as tradicións locais con outras foráneas.
Este ano o cartel do Festival, organizado pola Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante e no que colaboran o Concello de Barreiros e a Deputación de Lugo, ten programadas as visitas da Agrupación Kriba Budaya, de Indonesia, e da Academic Akud Mika Mitrovic, de Belgrado (Serbia). De moito máis preto chega o Grupo Folclórico la Rosa del Azafrán, procedente de Consuegra, en Toledo, e os anfitrións, a agrupación O Arco da Vella, de San Miguel de Reinante. As actuacións terán lugar a partir das 22 horas no campo de fútbol de As Valgas de San Miguel e, en caso de choiva, no...
leer más 29/07/2015
O Eido Dourado ofrecerá este domingo, 2 de agosto, un novo concerto dentro da súa programación estival. Trátase da presentación do disco Compromiscuo, un traballo conxunto dos músicos Vadim Yukhnevich e Abraham Cupeiro. A cita terá lugar ás dez da noite e a entrada será gratuíta.
Celso Dourado, impulsor deste espazo cultural, recalcou a calidade desta nova aposta musical: “no Eido Dourado sempre procuramos traer aquelas propostas que aporten algo ao panorama actual. Neste caso presentase o disco Compromiscuo, que corresponde a dous grandísimos músicos, o bielorruso Vadim Yukhnevich e o galego Abraham Cupeiro. Fan unha mestura realmente moi interesante de ritmos de orixe balcánica da Europa do Leste cunha fonda tradición celta....
leer más 24/07/2015
O concurso internacional de castelos na area chega a unha nova edición este sábado, 25 de xullo. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, presentou a xa tradicional competición, que se celebrará a partir das 17 horas na praia de Arealonga, en Reinante. O concurso está organizado polo propio Concello e nel colaboran a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
Todo está preparado xa no areal para a chegada dos participantes: “estivemos estes días acondicionando a praia de Arealonga, quitando pedras, porque se non case os castelos se poderían construír con pedras, máis que con area. Creo que é unha cita obrigada, é un concurso internacional onde hai moita participación, onde os nenos gozan conxuntamente cos pais ou cos amigos facendo esas figuras na area, e que cada ano mellora...
leer más 23/07/2015
O espazo cultural Eido Dourado, de Barreiros, terá esta fin de semana unha programación especial con motivo da celebración do Día da Patria. A cita xa é unha tradición no verán da Mariña, e nela non faltará a música e a festa. A conmemoración comezará a noite do 24 nas terrazas do cámping Gaivota, a cargo do grupo A Bagunda. “Teremos a actuación dun grupo folk, que eles definen de folk de tipo republicano. É unha xente moi metida no mundo da música, teñen un longo percorrido. A actuación irá acompañada da correspondente queimada, que facemos todos os venres”, sinalou o promotor do evento, Celso Dourado.
A programación continúa dous días despois, o domingo 26, no Eido Dourado. “A partir das dez da noite, coa caída do sol, vainos acompañar Vai Trío, un trío de músicos cunha...
leer más 15/07/2015
O vindeiro domingo, 19 de xullo, arrinca a programación cultural do Eido Dourado, en Barreiros. Será unha representación teatral a cargo do mariñán Manuel Lourenzo, segundo deu a coñecer no día de hoxe o artista Celso Dourado.
Dourado explicou que “esta tempada vai arrincar o domingo, 19 de xullo, a partir das 22 horas nos xardíns do Eido Dourado, cunha representación teatral a cargo de Manuel Lourenzo, que é unha personalidade sumamente coñecida dentro da escena teatral. A obra que vai representar está promovida polo club de teatro Elsinor e leva por título A técnica do taratantanleo. Podemos dicir que é unha transición no mundo de Otero Pedrayo o cal é un referente, está interpretada e dirixida por Manuel Lourenzo e conta coa colaboración de Xosé Martínez, autor da...
leer más 14/07/2015
A compañía uruguaia Sentido Sur e o grupo local Arco da Vella protagonizarán a Mostra Folclórica de Verán que se celebrará este xoves, 16 de xullo, ás 20 horas na pista das festas de San Bartolo.
Segundo explican desde o Concello “o contacto con esta compañía foi a través da asociación Mural Folk, que xunto a Festifolk (entidade que integra a máis de 45 asociacións folclóricas sen ánimo de lucro en España), se puxeron en contacto con Arco da Vella.
Sentido Sur é unha compañía formada por 25 persoas, 16 bailaríns de 9 músicos. O grupo está estes días de xira por Galicia e logo continuará no País Vasco, Asturias, Extremadura e Portugal. Os seus principais obxectivos son os de conformar pezas capaces de expresar a identidade uruguaia...
leer más