Barreiros

Etiquetas:
01/12/2015
O Concello de Barreiros organiza o 19 de decembro unha Festa de Nadal dirixida aos nenos e nenas do municipio.
 
Os nenos e as nenas de Barreiros anticiparanse á chegada de Papá Noel cunha Festa de Nadal que se celebrará o día 19 de decembro a partir das 17 horas no Pavillón Municipal. Así o anunciou o alcalde, Alfonso Fuente, que esta mañá presentou o evento acompañado do concelleiro de Deportes,  Daniel Cancio. 
O rexedor explicou que “esta Festa de Nadal se vai levar a cabo como o pasado ano, o 19 de decembro, e vai dirixida a todos os nenos e nenas. É  unha xornada de animación, xa que chega o Nadal, na que imos contar con inchables, obradoiros de maquillaxe e de postais de Nadal e animación musical”.
Ademais, na festa participará unha personaxe moi esperada polos cativos nestas datas: “tendo en conta que a festa se celebra uns días antes...
leer más
Etiquetas:
18/11/2015
A Tapería O Castro, de Barreiros, acolle unha exposición e degustación de cogomelos este domingo, 21 de novembro. Enmárcase na II Xornada Micolóxica barreirense.
 
A Tapería O Castro, de Barreiros, acolle este domingo, 22 de novembro, unha exposición e degustación de cogomelos como colofón das II Xornadas Micolóxicas organizadas pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas. O prezo da degustación, con diferentes variedades de cogomelos elaborados no restaurante en varias preparacións, será de 20 euros por persoa e está prevista para as 14:30 horas. Para participar na comida hai que reservar previamente chamando ao teléfono 679.455.109 e o prazo remata o venres.
O presidente do colectivo organizador, Ramón Becerra, explica que “a asociación Irmandade Augas Santas naceu para a posta en valor do espazo natural de Santo Estevo do Ermo e periodicamente organizamos rotas arqueolóxicas, de natureza e, neste caso, por segundo ano, as...
leer más
08/11/2015
Barreiros celebra o IV Encontro Interxeracional o 14 de novembro en San Pedro de Benquerencia. Haberá actividades para todas as idades.
 
A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan para o vindeiro 14 de novembro o IV Encontro Interxeracional, un encontro no que persoas de todas as idades poderán gozar de múltiples actividades de tempo libre e obradoiros, ademais dun xantar conxunto.
 
A cita, que se celebra con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, comeza ás 12 horas no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia, e rematará ás 19 horas. A programación comeza cunha mostra e obradoiros de artes plásticas e actividades de tempo libre. Ás 14 horas iníciase a comida, concibida como un momento de confraternización. Os participantes deben traer a súa propia cesta e mantel.
 
... leer más
03/11/2015
A Adala representará o vindeiro domingo, 8 de novembro, a súa peza "Sen seu amor". Será no centro sociocultural de Barreiros.
 
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, levará este domingo, 8 de novembro, a súa peza Sen seu amor ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros. 
A representación, que comeza ás 18 horas, está organizada pola Concellería de Cultura e forma parte do proxecto teatral Buxiganga, patrocinado pola Deputación de Lugo. 
 
Etiquetas:
28/10/2015
O Concello de Barreiros organiza unha festa do Samaín para os máis pequenos. Será o 30 de outubro no centro sociocultural.
 
O Concello festexará o Samaín con actividades dirixidas aos nen@s no Salón de Actos do Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. 
A Festa do Samaín celebrarase o 30 de outubro entre ás 17 e as 20 horas e contará con monitores, que prepararán para os cativos diversas actividades, como pintacaras ou un obradoiro de manualidades. Todos os materiais serán facilitados polos monitores. Ao acabar, sobre as 20 horas, haberá unha degustación de chocolate con churros para todos os asistentes. 
 
Etiquetas:
25/10/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acollerá un obradoiro sobre técnicas de relaxación e concentración para nen@s. Será a partir do 28 de outubro.
 
A Concellería de Cultura organiza a través da Oficina de Información Xuvenil e da Biblioteca un obradoiro de técnicas de relaxación e concentración dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. O curso desenvolverase do 28 de outubro deste ano ao 31 de maio de 2016, todos os mércores de 17:15 horas a 18:15 horas. A actividade terá lugar no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
As prazas son limitadas así que cómpre inscribirse ata cubrilas na Oficina de Información xuvenil ou na Biblioteca. 
Na actividade colabora a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude.  
 
Etiquetas:
25/10/2015
O grupo de teatro do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, estrea o 31 de outubro a súa segunda superprodución cunha obra de Shakespeare.
 
Máis de 20 persoas participan nesta nova montaxe, “Noite de Reis”, que Ollomao leva máis dun ano preparando.A estrea será ás 20:30 horas no pavillón dos colexios de San Miguel e as entradas, que xa están á venda, custan 4 euros.
Estamos no ano 1982. Sebastián e Violeta son dous irmáns mellizos fillos do gobernador do estado imaxinario de Masalia que acaba de ser derrocado por un golpe de estado. Eles dous foxen ao exilio nun barco de Burela que pescaba na costa dese país e que foi fletado para transportalos á salvación nun  país do norte de Europa. A mala sorte quixo que o barco encallase fronte ás costas da Mariña. Sebastián, acompañado do capitán do barco, logra chegar á praia da Arealonga, e aí empeza unha continua sucesión de equívocos que non se resolverá ata o final...
leer más
Etiquetas:
21/10/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, acolle este domingo, 25 de outubro, a obra de teatro "Soños cumpridos", do grupo Ardora.
 
O grupo teatral Ardora leva este domingo, 25 de outubro, ao Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro a súa peza Soños cumpridos, unha sesión de teatro coa que colaboran a Concellaría de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil do Concello de Barreiros. O evento, que comeza ás 18 horas, está enmarcado no programa Buxiganga que patrocina a Deputación de Lugo.
 
Etiquetas:
09/10/2015
En Barreiros Ollomao convoca un certame fotográfico con motivo da celebración da carreira "Monte Comado Trail+1/2 km. vertical". A persoa gañadora recibirá coma premio unha estadía nunha casa de turismo rural.
 
O Colectivo Cultural Ollomao convoca a quinta edición do certame fotográfico “Enfocando Barreiros”. Coa finalidade de colaborar na promoción das actividades que contribúen á dinamización da localidade, Ollomao súmase á carreira “Monte Comado Trail + ½ km. vertical”, centrando nesta e nas paisaxes do percorrido da mesma, a temática deste certame. Dende o Colectivo Cultural Ollomao preséntase esta iniciativa coa pretensión de contribuir a dar a coñecer a riqueza natural barreirense, á vez que se colabora na promoción das alternativas lúdicas e deportivas que este entorno ofrece.
 
Un dos requisitos deste concurso é que as fotografías participantes deben estar realizadas o domingo, 11 de outubro, no tempo de duración da proba deportiva. Asimesmo, as imaxes participantes, aínda podendo ter como elemento central a paisaxe, deberán conter algún elemento...
leer más
Etiquetas:
07/10/2015
O Concello de Barreiros inicia o 19 de outubro os obradoiros e actividades lúdicas dirixidas ás persoas maiores do municipio.
 
O Concello de Barreiros, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza a partir do vindeiro19 de outubro os obradoiros e actividades lúdicas para a terceira idade, de luns a xoves en horario de 16 a 18 horas. As actividades realizaranse no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro e van dirixidas a maiores de 65 anos, xubilados que superen os 60 ou persoas con discapacidade do municipio, que se consideren idóneas para participar nos obradoiros. 
O departamento de Servizos Sociais tamén explica que “para anotarse ou para solicitar máis información é preciso acudir ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro no horario da actividade. Son talleres lúdicos con actividades de aprendizaxe e festivas, coas que se pretende favorecer o proceso de envellecemento, dando a...
leer más