A Banda Municipal de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá este mércores, 30 de decembro, o seu tradicional concerto de Nadal. Será no Pastor Díaz ás 21 horas.

A Banda Municipal de Música O Landro, de Viveiro, ofrecerá este mércores, 30 de decembro, o seu tradicional concerto de Nadal. Será no Pastor Díaz ás 21 horas.
 
Baixo o título “Lírica de Nadal” celebrarase este mércores, 30 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a partir das 21.00 horas o tradicional Concerto de Nadal, a cargo da Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro.
 
No concerto deleitarán ao público cun amplo abanico de pezas musicais de varios estilos e, así mesmo, participarán acompañando á formación musical os coros do Colexio Pedrosa Latas de Celeiro e o Coro de Educandos da propia banda.
 
A entrada é gratuíta; pero, dado que o aforo é limitado, estará aberta o público a taquilla do propio teatro unha hora antes do comenzo do concerto, dende as 20.00 horas e só se poderán recoller catro entradas por persoa.
 
O concerto está organizador pola Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro e a Concellería de Educación co patrocinio do Concello de Viveiro.