Presentouse na praia de Vidreiro a terceira edición do Trail do Vicedo, que se celebrará o vindeiro domingo, 21 de maio. Asistiron o alcalde do Concello de O Vicedo, José Jesús Novo Martínez, Raquel Sánchez Pulgar, irmá de Natalia Sánchez Pulgar, impulsora deste Trail en 2019 e falecida correndo en 2021, e integrantes do Club Peña Lar Trail y Montaña, coorganizadores da proba.
Mañá, 17 de maio, será o último día para poder anotarse ás probas (andaina, Trail 28K e Trail 15K). Desde a organización subliñan que “para a andaina quedan poucas prazas xa”. O percorrido pasará pola Costa de O Vicedo dende leste a oeste, comezando no entorno do Fuciño do Porco e rematando no Porto do Vicedo tras pasar por varias praias do municipio.