Alfoz

19/09/2021

A Escola do Chao, na parroquia do Pereiro, convértese nun Centro Interpretativo da Reserva da Biosfera Terras do Miño. 

Inicia a súa andadura con dúas xornadas. O sábado, 25 de setembro, de 10:00 a 14:00h para a promoción do patrimonio natural, cultural, arquitectónico, etnográfico, etc. e novas actividades respectuosas co medio ambiente e o emprendemento sostible na  Reserva da Biosfera. 

E o domingo 26, de 9:00 a 14:00h levarase a cabo un roteiro guiado da Fervenza Escouridal á Pena Abaladoira que terá como punto de partida a Escola do Chao.

É preciso inscribirse previamente nos tfnos. 982256193 e 618709473. Máis información: info@sogos.es

Estas actuacións lévanse a cabo a través das Axudas para a Rehabilitación do patrimonio...

leer más
Etiquetas:
16/09/2021

Este sábado, 18 de setembro, Tarabela Creativa presentará Astrolabios. A representación, incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20:30 horas. A entrada será de balde con aforo limitado.

É unha sesión de contos para público familiar, a partir de cinco anos, que ensina o nome das estrelas, das súas agrupacións en constelacións, da mitoloxía tras delas, dos ciclos da lúa e da súa influenza nas mareas e nos tempos da terra. Descobre ademais que hai estrelas nómades, que outras veces choven, que nos marcan o norte, que non vemos as mesmas ao cambiar de hemisferio na noite e que todas as civilizacións orientáronse por elas.

Astrolabio é unha palabra que ven do grego, que significa “buscador de estrelas” e que se inventou no século II a.C....

leer más
Etiquetas:
14/09/2021

Este xoves, 16 de setembro, no Castelo de Castro de Ouro, poderase visitar a exposición Kinético de Xirapaus, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Está organizada en colaboración coa Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.

Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreque automatizado homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é que os asistentes poidan xogar manexando os mecanismos das pezas e ver como funcionan. En horario de mañá acudirá o alumnado do CEIP Castro de Ouro de Alfoz.

Xirapaus é un proxecto de...

leer más
Etiquetas:
13/09/2021

Desde este luns 13 e ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar este curso nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Alfoz: aeróbic, ioga, ximnasia de mantemento e baile.

As inscricións deben presentarse na Oficina de Rexistro do Concello, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva. Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).

 

Etiquetas:
08/09/2021

A Oficina de Información Turística do Concello de Alfoz, situada no Castelo de Castro de Ouro, abrirá como ata o de agora de martes a domingo (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas) ata o 19 de setembro, domingo.  No mesmo horario abrirá os días 25 e 26 deste mes, sábado e domingo.

Desde o 27 de setembro ata o 30 de outubro permanecerá pechada ao público.

Etiquetas:
06/09/2021

Este sábado, 11 de setembro, ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a representación de “Cartoóns”, de Excéntricas e Teatro de Adro, con Josito Porto e Víctor Mosqueira. 

Esta actividade, incluída no programa “Ler conta moito”, da Xunta de Galicia, está dirixida a un público familiar e infantil a partir de catro anos.

“Cartoóns” é unha peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas que ten como protagonistas a dous pallasos. Os clowns, que teñen algo de debuxo animado (cartoons) no seu modo paródico e eficaz de comportarse, viven rodeados de cartóns, nun mundo de cartóns, esa materia valiosa como é o cartón, que nós, inexplicablemente, tiramos ao lixo diariamente. Desta maneira, o cartón serviralles para construír tubaxes de gas, cortinas nas xanelas, revisteiros, bandexas,...

leer más
Etiquetas:
05/09/2021

O venres 10 de setembro ás 20:00 horas no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz terá lugar a reunión informativa para todos os interesados/as en participar este curso nas actividades deportivas para adultos: ioga, aeróbic, ximnasia de mantemento e baile, que se impartirán desde principios de outubro ata finais de maio.

Estas actividades están parcialmente subvencionadas a través do Plan Único da Deputación Provincial (Área de Deportes).

 

Etiquetas:
02/09/2021

O Concello de Alfoz anuncia que agora os interesados poden dispoñer dos recursos da Biblioteca Pública de Alfoz de luns a venres en horario de tarde, desde as 15:00 ata as 20:00 horas.

Ademais recordan que “ademais de libros, revistas, xornais, contamos con lectores de libros electrónicos, películas, lecturas obrigatorias nos centros de ensino para os estudantes de Alfoz, etcétera. Non te perdas o blogue da Biblioteca na web municipal e moitas máis cousas”.

Etiquetas:
31/08/2021

Desde este mércores, día 1, ata o 17 de setembro na Casa do Concello de Alfoz estará aberto o prazo de inscrición para participar nas escolas deportivas municipais, que contan coas modalidades de patinaxe, fútbol e fútbol sala e son gratuítas. Son para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos.

As escolas deportivas municipais de Alfoz están subvencionadas polo Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.
 

Etiquetas:
27/08/2021

A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo de Alfoz organiza a Festa dos Choferes 2021 que se celebrará os días 3, 4 e 5 de setembro.

O venres  a partir das 22:30 horas haberá verbena co grupo Montreal.

O sábado 4 ás 13:30 horas celebrarase unha misa; a partir das 14:00 horas sesión vermú co Dúo Epo-K; e ás 21:00 horas dará comezo a verbena coa orquestra La Oca Band e Discoteca Eventec.

O domingo 5 ás 11:00 horas empezará a procesión de vehículos polas parroquias do concello; ás 13:30 horas haberá misa seguida da bendición dos vehículos e sesión vermú a cargo do Grupo Lume.

Todos os días haberá polvo á feira, xamón cocido e churrasco.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Alfoz, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia.

... leer más