Este sábado, 18 de setembro, Tarabela Creativa presentará Astrolabios. A representación, incluída no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz ás 20:30 horas. A entrada será de balde con aforo limitado.
É unha sesión de contos para público familiar, a partir de cinco anos, que ensina o nome das estrelas, das súas agrupacións en constelacións, da mitoloxía tras delas, dos ciclos da lúa e da súa influenza nas mareas e nos tempos da terra. Descobre ademais que hai estrelas nómades, que outras veces choven, que nos marcan o norte, que non vemos as mesmas ao cambiar de hemisferio na noite e que todas as civilizacións orientáronse por elas.
Astrolabio é unha palabra que ven do grego, que significa “buscador de estrelas” e que se inventou no século II a.C.