Afeccionado
16/08/2016
Comeza hoxe, martes, en Foz a XI Semana do Teatro Afeccionado, que inclúe unha representación diaria ata este sábado, día 20, no patio do colexio Número 1. Todas as obras están programadas para as dez da noite.
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou que hoxe “será a compañía Ollamao, de Barreiros, que ofrecerá a obra Oé, oe, oe. Mañá, mércores, a compañía Pico de Faro, de La Roda (Asturias), con Borrón y cuenta nueva. O xoves a compañía Pico do Castro, de Foz, representará A miña muller volveu. O venres A Adala, de Fazouro, con Oia Doutor. E rematará o sábado 20 coa compañía O Centiño, de San Martiño, e a obra O caldeiro máxico”.
Silvia...
leer más 20/11/2015
Dende a delegación de Cultura do concello de O Valadouro que dirixe o nacionalista Eduardo Chao, seguen programando actividades ao longo das fins de semana. Mañá, sábado 21, tócalle o segundo turno a un grupo de teatro da bisbarra, dentro do programa Buxiganda da Deputación Provincial de Lugo, o grupo de teatro Ardora, que dirixe e no que actúa María Paz Silva, representará unha obra orixinal do polifacético Francisco Piñeiro e que leva por título "Soños Cumpridos". A actuación terá lugar o sábado, 21 de novembro ás 20:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de O Valadouro. A entrada será de balde.
10/11/2015
O colectivo Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro o sábado, 14 de novembro, “Oé, oé, oé!!”. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. A actuación enmárcase dentro do programa Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo.
Veranio, Toñito e Amancio son personaxes familiares, grotescos e tenros, que irremediablemente sempre acaban chegando ao fondo das cousas. Os tres queren escapar dunha realidade frustrante e enterran a súa amargura no fútbol, posiblemente porque xa non cren en nada, nin se senten representados por ninguén.
O fútbol que é un bo pretexto para escaparlle ao serio, convértese así en algo esencial para aqueles que empezan...
leer más 28/08/2015
O Valadouro comeza este luns, 31 de agosto, a súa tradicional cita co teatro na semana previa ás Festas do Oito. Organizadas pola Concellaría de Cultura de O Valadouro, este ano chegan á súa 30ª edición reunindo a cinco grupos de teatro afeccionado, todos procedentes da Mariña menos un.
Todos os espectáculos serán gratuítos e celebraranse ás 22 horas no salón de actos do centro socio-cultural Manuel Lourenzo, en Ferreira.
A Semana do Teatro comeza o luns 31 coa representación de Os trillizos de Socorro, a cargo de Faro-Miño, de Chantada. O día seguinte, 1 de setembro, é a quenda de Igualdade Virtual, que levará a escena o grupo O Batán, de Cangas de Foz. O día 2, A Adala de Fazouro representa Unha morta… moi viva e o día 3 Axóuxeres...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4