As librerías de Foz sairán á rúa o 23 de abril. Farán descontos do 10% nos libros e sortearán vales de compra.

Este venres, 23 de abril, celébrase o día do libro. En Foz, as librerías da vila sairán á praza situada na Glorieta de Vilalba, “alí teremos durante todo o día os nosos stands con libros e estaremos acompañadas de música para ambientar a xornada. Durante todo o día, como corresponde á xornada que celebramos,  todos os libros terán un 10% de desconto”, sinalan desde as librerías focenses.

E engaden: “ademais teremos con nós a tres escritoras pola tarde para asinar as súas obras: de cinco a seis e media estarán con nós as poetas María Lado e Lucía Aldao que asinarán exemplares da súa última obra Ninguén morreu de ler poesía, editada por Xerais. 
De seis e media a oito estará con nós o poeta local Paco Rivas, que asinará exemplares das súas últimas obras: Rosas envaíñadas e A lúa non era lúa, editadas por Medulia editorial e Edicións Embora, respectivamente”.
 
As oito e media da tarde haberá un sorteo de tres vales de compra por valor de 30 euros cada un para canxear en cada unha das librerías que participa nesta xornada: Ofifoz, Librería A Rapadoira e Librería Bahía.