Libros
A Biblioteca Pública Municipal de Foz Salgado Toimil para conmemorar o Día do Libro levará a cabo unha actividade de animación á lectura, “Selvas de palabras”, que terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura este sábado, 30 de abril, ás 12:00 horas. No acto intervirán Andrea Maceiras, escritora de literatura infantil e xuvenil e Inés López Couto, concelleira de Cultura. Unha vez finalizada a presentación, sortearanse entre as persoas asistentes dous lotes de libros.
O evento está dirixido para un público familiar e infantil de 8 a 12 anos e a entrada é libre ata completar a capacidade.
A escritora Andrea Maceiras convidaranos a unha viaxe literaria por dúas selvas: a selva amazónica onde nos descubrirá aos protagonistas da súa novela A folla azul (Premio Merlín, 2020) e a selva do sueste asiático onde coñeceremos aos personaxes da...
O domingo, 24 de abril, ás 12:00 da mañá estará na Libraría Bahía, de Ribadeo, o autor e ilustrador asturiano Alex Meléndez para presentar a súa obra dedicada ao público máis pequeno e editada por La Maleta Ediciones.
Segundo explican desde Libraría Bahía “poderemos escoitar as súas historias e mostrará á cativada a súa arte como ilustrador, dando vida cos debuxos aos personaxes e situacións dos seus libros”.
E engaden: “trátase dunha magnífica oportunidade para que a xente máis pequena da casa escoite e coñeza de primeira man a un autor deses libros que fan as súas delicias”.
A delegación de Cultura do Concello de Cervo celebra un concurso en conmemoración do Día do Libro, que terá lugar o vindeiro sábado 23 de abril.
Os participantes estarán divididos entres categorías diferentes en función da súa idade.
Os máis pequenos, comprendidos entre os 3 e os 6 anos, terán que facer un marcapáxinas.
Os nenos e nenas comprendidos entre os 7 e os 11 anos, terán que continuar a seguinte historia: “Iria era unha nena que vivía nun castelo. Tiña de todo: roupa á última moda, unha piscina xigante, un parque, unha sala de cine… Pero, aínda así, sempre estaba enfadada co mundo...”
Os maiores de 12 anos poderán elixir entre contar unha anécdota familiar ou proseguir a seguinte historia: “As cousas poderían suceder de calquera outra maneria mais o que...
leer másO Grupo de Participación Xuvenil propón a iniciativa “Colle unha historia e deixa outra” dende o próximo luns 18 de abril.
O Concello de Viveiro informa que na derradeira reunión do Grupo de Participación Xuvenil comezou a artellarse a iniciativa de intercambio de libros “Colle unha historia e deixa outra”, con vistas á celebración do día do libro o próximo 23 de abril. A proposta está impulsada pola concellería de Benestar Social en colaboración coa concellería de Cultura.
Deste modo, o Grupo de Participación Xuvenil de Viveiro deixará unhas caixas decoradas por eles mesmos con libros en diversos puntos da vila dende o próximo luns, 18 de abril.
“O obxectivo da iniciativa é que a xente descubra libros e lea xéneros que non está acostumada a ler”, sinala a concelleira de Benestar Social...
leer másO Concello presentou a súa nova guía RibadeoXNatural e tamén unha app de sendeirismo, xeoturismo e cicloturismo. O acto tivo lugar no salón de plenos e contou coa asistencia do alcalde, Fernando Suárez, e dos concelleiros de Cultura, Medio Rural, Medio Ambiente e Turismo, Pilar Otero, Marcos Villamil, Jorge Díaz e Pablo Vizoso.
Vizoso Galdo explicou que “esta guía de RibadeoXNatural pode atoparse en formato dixital na sección de “Momentos” da páxina de turismo (turismo.ribadeo.gal) ou en papel, nas oficinas de turismo do Concello e ademais estes días repartiranse máis de 500 exemplares entre os aloxamentos do noso municipio”.
O edil ribadense contou que “a app para móbiles xa se pode descargar tanto para dispositivos de Android como IOS co nome RibadeoXNatural Concello de Ribadeo. Trátase dunha aplicación que...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz organiza durante este mes de abril nunha programación especial dedicada ao libro porque o vindeiro día 23 é o Día Mundial do Libro.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “para comezar o venres 8 a compañía Teatro do Atlántico trae a obra Libre coma os páxaros, que está baseada en textos de Rosalía de Castro. Esta obra achéganos a liberdade dunha muller que toma a palabra e non se somete as regras da arte nin acata os mandatos dos seus iguais. É unha obra na que se tenta mostrar o papel dunha muller que foi precursora nas nosas letras e que debe ser exemplo de cambio e liberdade no ámbito dos dereitos femininos”. A Casa da cultura acollerá esta representación ás 20.30 horas. O prezo da entrada será de 5 euros.
O Concello tamén colabora na 7ª Semana das...
leer másBibiana Candia, autora da novela Azucre, vai estar o luns, 21 de marzo, na Mariña facendo unha dobre visita: na Biblioteca de Alfoz ás 18:00 horas e
na Librería Bahía, de Foz, ás 20:30 horas.
Segundo explica Cielo Fernández “este dobre encontro xurde da colaboración de dous clubs de lectura: o que dende hai xa dous anos está funcionando en Alfoz, promovido polo Concello, e A carón dos libros, o club que puxemos en marcha desde a Librería Bahía de Foz hai un mes”.
Os encontros organizados desde os clubs de lectura son abertos para todo o público.
Azucre é unha novela baseada no episodio histórico que foi a venda por parte dun potentado galego afincado en Cuba, Urbano Feijoo Sotomayor, de preto de 2.000 mozos galegos como escravos para traballar nas plantacións de caña de azucre....
leer másO Concello de Barreiros quere mostrar á veciñanza o potencial das mulleres mariñás co programa «Barreiros con M de Mulleres». Para elo, dentro da programación que a concellería de igualdade organizou este mes de marzo co gallo do día da muller 8-M, inclúese a presentación do libro «Resaibo amargo»da escritora barreirense Lucía Ferro.
O acto, que terá lugar este sábado, 19 de marzo, ás 12 horas nos colexios vellos de San Miguel, será conducido pola escritora burelá Antía Yañez, unha das escritoras galegas de máis sona e que tamén falará do seu libro «Senlleiras».
Para celebrar o Día Mundial da Poesía o próximo luns, 21 de marzo, o escritor Pablo Trabadelo estará en Burela presentando os seus libros Navalla e Jaloffeim, primeiro para o alumnado do IES Monte Castelo e despois diante do público xeral na sala de usos múltiples do IES Monte Castelo ás 18:30 horas.
O cartel desta actividade foi realizado pola ilustradora Elena San Segundo.
O vindeiro venres, 4 de marzo, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, terá lugar a presentación do Audio-Libro titulado “Mondoñedo no Camiño de Santiago a través das súas personaxes”. Obra que conta coa colaboración do Concello de Mondoñedo, a Xunta de Galicia, a Escola de Música de Mondoñedo e a Coral Mestre Pacheco de Mondoñedo
A música da citada obra foi composta por Xan Carballal e o libreto é da autoría de Xosé Peinó. A mesma foi executada entre o 1 de novembro de 2019 e o 30 de abril de 2020.
En palabras dos propios autores do proxecto:
Esta obra relata o percorrido por parte do Camiño Norte de Santiago ao seu paso por Mondoñedo. Na obra queda patente os marcado patrimonio cultural que configura o Camiño Norte de Santiago, tanto da propia localidade se Santiago de Compostela...
leer más