Libros
Acisa Ribadeo presentou hoxe o novo rueiro, que entregará aos hoteis asociados para que poidan empregalo xa esta Semana Santa. Son 15.000 exemplares. O plano foi presentado esta mañá no porto deportivo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explicou que “desde Acisa queremos seguir ofrecendo servizos aos nosos establecementos asociados. De aí que acabamos de editar un novo rueiro para que os hoteis poidan facer uso del xa durante esta Semana Santa e entregalo aos seus clientes. Inclúe un mapa de Ribadeo cos lugares de interese, un pequeno plano de Rinlo tamén, teléfonos como os da oficina de turismo, da Policía Loca, da Garda Civil, dos taxis ou do centro de saúde. Tamén leva o código QR no que poden atopar toda a información dos asociados e asociadas a Acisa Ribadeo e unhas cantas propostas de visitas a realizar tanto pola vila...
leer másA Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás titulado Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo. Ademais proxectarase o audiovisual Don Paco volve a Lourenzá, de Arraianos Producións.
Este acto, incluído na programación para celebrar as Letras Galegas 2023 dedicadas a Fernández del Riego, está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá coa colaboración da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
A asociación sociocultural Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 24 de marzo a presentación do libro A invención da Gallaecia e a minaría romana. Unha tese sobre as orixes de Galiza, de Óscar Pazos Rodríguez, xeólogo e estudoso da minaría de ouro en época romana. A actividade terá lugar no Cenima de Foz e comezará ás 20.00 horas. Mariña Patrimonio elixe para esta ocasión o concello de Foz debido a que precisamente este concello conta con numerosas mostras de minaría antiga, entre as que destaca polas súas dimensións e bo estado de conservación a mina romana da Espiñeira, na desembocadura do Masma.
Segundo Óscar Rodríguez “o gran ciclo mineiro do ouro galaicorromano amorea unha chea de interrogantes arqueolóxicos, mineiros e xeolóxicos por resolver, mais sobre todo constitúe un problema histórico de seu que ten moitísima relevancia...
leer másEste venres, 10 de marzo, ás oito e media da tarde terá lugar na Librería Bahía, de Foz, a presentación do libro “As aldeas da memoria”, editado pola Deputación de Lugo.
Estarán no acto os autores do libro: o fotógrafo Laurentino Nachok e o poeta Baldo Ramos aos que acompañarán o escultor Caxigueiro e o músico Mano Panforreteiro.
Desde Librería Bahía explican: “tratarase, pois, dun acto que fai dialogar palabra, imaxe e música e que protagonizarán artistas da Mariña coa presenza tamén do poeta Baldo Ramos, que se achegará ata Foz para esta presentación”.
O libro titulado Francisco Fernández del Riego, un loitador pola idea de Galicia, escrito por Malores Villanueva Gesteira, será presentado no Pazo de Tovar este sábado, 4 de febreiro, ás 18:00 horas.
Ademais da autora da publicación, no acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e Xosé Luis Fernández Rivera, membro da Mesa Coordinadora Don Paco.
Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.
A reedición do libro titulado Lourenzá, escrito por Francisco Fernández del Riego, será presentada no salón de actos do Concello de Lourenzá o vindeiro martes, 31 de xaneiro, ás 20 horas. Esta obra de Fernández del Riego foi reeditada polo Concello de Lourenzá e Editorial Galaxia.
No acto participarán a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García; Manuel Román Ramos, historiador estudoso da obra de Del Riego; e o director xeral de Editorial Galaxia, Francisco Castro.
Esta presentación está organizada polo Concello de Lourenzá, a Mesa Coordinadora Don Paco e Editorial Galaxia.
O 23 de xaneiro ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, contará coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro e sobre a súa obra en xeral”, explican desde a organización.
Este encontro estaba programado para novembro e aprazouse por mor do Covid.
Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegará Libraría Bahía, en Foz.
Antes, esa mesma tarde María López Sández estará no IES de Foz conversando co alumnado.
O Calendario inclúe este ano fotos do fotógrafo xovense Emilio Pérez. Desde o Concello explican que “para completalo recorremos ao libro A fonte da vida longa, editado a finais dos anos oitenta e no cal os alumnos do Colexio Público de Xove recolleron unha serie de lendas populares baixo a coordinación de Marica Campo e Xosé González “Chema”, coas acuarelas de Xoan Guerreiro”.
O 16 de decembro preséntase na Casa da Cultura focense o libro "As tarrafas de Foz", de Andrés Díaz.
O venres, 16 de decembro, ás 20:30 a Casa da Cultura de Foz acolle a presentación dun libro de Andres Díaz sobre a arte das tarrafas no concello de Foz. O acto está organizado pola asociación A Pomba do Arco.
O autor explicará na súa conferencia cales son as características destas embarcacións no porto de Foz, as súas diferenzas coas do porto de Viveiro, o número de buques que desde comezos do século XX traballaron nesta arte en Foz e os patróns máis significados e mariñeiros máis significados deste período.
Andrés Díaz proxectará na súa palestra diversas fotos de barcos da arte da tarrafa que tiñan como base o porto de Foz.
Este xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas terá lugar na Libraría Bahía, en Foz, a presentación de Kéltiga, cartas mitolóxicas galegas.
Trátase dun xogo de cartas que representan figuras, lugares e sucesos da mitoloxía galega e que veñen acompañadas dun libro que explica a orixe e sentido das mesmas.
Kéltiga é unha obra de Carmen Tomé, Katova de nome artístico, antropóloga e artista plástica autora das cartas e dos estudio antropolóxico que as acompaña.
Na presentación este xoves estará xunto coa autora, Jacinta Martín coa que relizará unha representación de tres historias utilizando o teatro xaponés Kamishibai.