Gastronomía
O parque de San Francisco, de Ribadeo, acolle do luns 12 ao xoves 15 deste mes as tradicionais xornadas gastronómicas que organiza en agosto a asociación Amigos da Semana Santa ribadense para recadar fondos.
Serán todos os días a partir das 19:30 horas e o luns 12 están dedicadas ao churrasco, o chourizo e os mexillóns; o martes 13 poderán degustarse mexillóns e sardiñas; mentres que o mércores 14 e o xoves 15 servirán churrasco, chourizo e mexillóns.
Para a organización destas xornadas gastronómicas a asociación Amigos da Semana Santa ribadense conta coa colaboración de: Concello de Ribadeo, Faro Norte Comunicación, Cadena Cope-Cadena 100, El Progreso, Construcciones Alejandro López Rodríguez-O Chispa, Bodegas Castillo San Damián, Sendín Electricidad, Fogar do Mariñeiro Hotel e Bar Restaurante Marinero, O Nido...
leer másNa explanada portuaria focense estanse a ultimar os preparativos da nova edición de Foz Market, que se celebrará do 14 ao 18 de agosto. O evento está organizado por Ruta Food Trucks, que conta coa colaboración do Concello de Foz e do Centro Comercial Aberto.
Desde a organización de Foz Market, Ángel Rojo, explicou hai uns días que “es la octava edición que hacemos este año. Es la continuidad de la feria de muestras multisectorial que hacíamos antes, que se convirtió ahora en el festival de food trucks de Foz, y es del 14 al 18 de agosto inclusive. Son cinco días y dentro de la programación tenemos una serie de conciertos de diferentes grupos de música. También tendremos la zona infantil y seguiremos en la línea de otros años”.
Pola súa banda, o presidente de Acia/CCA de Foz, José Carlos Paleo, lembrou que “son xa...
leer másA Irmandade de San Caetano de Celeiro de Mariñaos organiza a XXIV edición da Festa da Tortilla, que se celebrará os días 16 e 17 de agosto.
Haberá diversas actuacións musicais e estarán o grupo Xaramolo de música tradicional, a charanga Lou Band, Paco Nogueiras con Radio Bule Bule, a formación Almas de Contrabando que ofrecerán versións de pop rock e Chechu e Salva Dúo Diamantes.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Barreiros, Deputación de Lugo e Gadis.
Ribadeo acollerá na mañá do domingo, 11 de agosto, un día dedicado ao produto local dentro do Mercado dos Domingos. A actividade está organizada polo Concello de Ribadeo e a Asociación de produtores e produtoras da Horta de Ribadeo A Sucadoira.
O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explica que “celebramos este día do produto local no Mercado dos Domingos porque entendemos que é o mellor lugar para comezar a valorar o produto local, por ser o mercado de produtores e produtoras locais onde se achega directamente os produtos ao consumidor, das persoas produtoras á mesa, poñendo en valor a economía máis próxima e potenciando o consumo de tempada e responsable”.
O edil ribadense sinala que “durante a mañá do 11 de agosto o Mercado dos Domingos ademais de acoller a venda directa dos produtores e...
leer másA asociación cultural Virxe das Dores organiza a VII edición da Festa do Xamón Cocido que se celebrará este sábado, 3 de agosto.
A festa terá lugar na praza do Souto, en Cervo, a partir das 12:00 horas, e pola tarde desde as 19:00 horas.
Serviranse racións de xamón ao prezo de 5 euros e de chourizo por 1´5 euros a unidade. A festa estará amenizada polo DJ FDB.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Cervo e A.C. Airiños do Xunco.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa do Pulpo, de O Carballiño, evento que está declarado de interese turístico nacional e que celebra a súa 57ª edición o día 11 de agosto, domingo, dedicada a Asturias.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo e o seguro de asistencia de viaxe. O prezo é de 25 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A praza de abastos de Lugo acolleu este mediodía a presentación da Feira do Bonito de Burela e de Produart, que se celebrarán a vindeira fin de semana. No acto interviñeron o alcalde burelés, Alfredo Llano, o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, e a presidenta da Sociedade Cultural Ledicia, Rocío Rivera. Todos convidaron aos lugueses e luguesas a achegarse a Burela do 2 ao 4 de agosto.
O rexedor dixo que “dá gusto estar en Lugo e estar nesta praza tan bonita e tan preparada. Hoxe vimos presentar a Feira do Bonito, pero paseando pola praza puiden ver que hai moitas peixerías e aprecie que hai moito bonito de Burela. Queremos dar as grazas ao Concello de Lugo porque nos facilitou estar aquí”.
Alfredo Llano salientou que “Burela vai ser o epicentro das actividades esta fin de semana, imos ter a Feira...
leer másO 3 de agosto celebrarase a XVI Festa do Percebe de Rinlo, que foi presentada esta mañá a carón das vellas cetáreas. En total vanse poñer á venda, na carpa da organización, 750 quilos deste produto e o prezo da ración será de 13 euros. Como novidade haberá visitas guiadas ás antigas cetáreas de Rinlo, unha pola mañá e outra pola tarde, e tamén un vaso conmemorativo deste evento gastronómico.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, declarou que “é a décimo sexta edición da Festa do Percebe de Rinlo, van máis de tres lustros desde esta idea que xurdira do Concello de Ribadeo nos primeiros anos, e despois foi trasladada á confraría de pescadores, singularmente a esta agrupación de percebeiros e percebeiras que a compoñen. Durante todo este tempo estiveron facendo unha festa que atrae a moitísima xente, que se fai no mellor da época estival,...
leer másA cadea de restauración Galipizza, que desde xaneiro xa era a única cadea galega de restauración coa distinción “Q” de Calidade Turística, ven de acadar a certificación do selo Galicia Calidade, que certifica a calidade da súa materia prima, dos seus produtos e deseños elaborados en Galicia.
A cadea de restauración Galipizza, con establecementos en Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, acadou a certificación do selo Galicia Calidade tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que pola súa elaboración en Galicia, a súa materia prima ou o seu deseño galego, sexan merecentes dela, despois de contrastala mediante os controis...
leer másO Concello de Burela acolleu, este mediodía, a presentación da XXXV Feira do Bonito, que se celebrará os días 3 e 4 de agosto. En total vanse servir 3.500 quilos de túnido preparado á grella, cocido, en empanada, en salpicón e en marmitako. O alcalde burelés, Alfredo Llano, subliña que esta será unha edición moi especial xa que é a primeira que se celebra despois de que a feira fose declarada festa de interese turístico nacional. O pregón será pronunciado pola actriz Estíbaliz Veiga, o sábado ao mediodía, e pola noite actuará Budiño. Ademais do 2 ao 4 de agosto celebrarase, tamén no porto de Burela, a décimo novena edición de Produart, a feira de produtos artesáns e ecolóxicos, que contará con 60 stands.
O rexedor burelés dixo que “é unha edición que consideramos importante para o noso concello dado que é a número 35 e está considerada...
leer más