Ata o 15 de maio focenses e visitantes poden observar e gozar coa exposición Arte nos escaparates, actividade que se enmarca na programación da Semana da Arte na Mariña. Obras de varios autores son expostas durante un mes nos escaparates de varios establecementos comerciais.
En Ginzo Hombre os cadros expostos son de Pepe Blanco: “o que fixemos foi aportar e integrar o colorido da roupa de primavera coa obra deste autor. Así podemos observar e deleitarnos coa fusión de arte e moda”, explica José Ginzo.
En Ginzo Muller atópase parte da obra de Cristina Basanta.
José Ginzo anima “a que a xente se achegue a ver esta interesante exposición, que está perfectamente integrada nos nosos escaparates, nos de Ginzo Hombre-Mujer, e no resto dos establecementos do Centro Comercial Aberto, que participamos nesta iniciativa”.