A Casa da Cultura acollerá do 2 ao 31 de maio a exposición fotográfica de Luis Cristian Carabalí, que organiza a Concellería de Inmigración e Cooperación.
Esta VIII Exposición de Fotografía Artística Memorias dun Fotógrafo amosa a obra de Luís Cristian Carabalí Ferigra e será inaugurada o venres, 6 de maio, ás 19:30 horas pola edil socialista Angélica Gómez Sánchez.
A mostra xa poderá visitarse na Sala de Arte da Casa da Cultura dende o luns, día 2, e permanecerá ata o 31 de maio. O horario de luns a venres será de 9:00 a 13:00 horas polas mañás e de 17:00 a 20:00 horas polas tardes.