Na Omic de Ribadeo pódese ver ata o 29 de xuño unha exposición fotográfica de Ramón de Pérez García. Titúlase "Paseando por las emociones luminosas".

Na Omic de Ribadeo pódese ver ata o 29 de xuño unha exposición fotográfica de Ramón de Pérez García. Titúlase "Paseando por las emociones luminosas".
 
A OMIC de Ribadeo acolle desde hoxe luns, 13 de xuño, e ata o vindeiro 29 deste mes, unha mostra fotográfica de Ramón de Pérez García titulada Paseando por las emociones luminosas.
 
Esta exposición está inspirada nas primeiras emocións que nacían dentro do autor ao camiñar baixo a luz da lúa. Ramón de Pérez García cree que o brillo do astro lunar é capaz de crear sensacións tan íntimas.
 
O autor desta mostra comparte tamén as emocións que a lúa inspira na poeta Julia Rodríguez, a través de fermosas composicións cheas de sensacións. A exposición tamén inclúe unha pequena mostra do que suxiren as emocións luxuriosas que formará parte do próximo traballo de Ramón de Pérez García.
 
Pode visitarse esta mostra fotográfica ata o vindeiro día 29 deste mes de xuño na OMIC durante o seu horario habitual.