Rinlo acollerá o 10 de maio unha sesión didáctica de anelamento e identificación das aves que habitan nesa rasa costeira. É preciso anotarse.

Rinlo acollerá o 10 de maio unha sesión didáctica de anelamento e identificación das aves que habitan nesa rasa costeira. É preciso anotarse.
 
O vindeiro domingo, 10 de maio, terá lugar unha sesión didáctica de anelamento científico e identificación das diferentes especies de aves que habitan a rasa costeira de Rinlo, en pleno ZEC As Catedrais. 
O Concello propón “un día inesquecible para pequen@s e maiores”. Esta aventura con ás denominada O anelamento e a extraordinaria migración das aves, será impartida por Erebia.
Todas as persoas, adultas e nen@s, que queiran participar nesta actividade deben inscribirse no seguinte número de teléfono: 982 128 689 ou no correo: turismo@ribadeo.org
O punto de encontro para o inicio da actividade será o porto de Rinlo. Alí dará comezo ás 9:30 horas e rematará ás 12:30 horas.