Barreiros acollerá a actividade O sabor da aventura está no mar. Será o 20 de xullo ás dez da mañá no pavillón polideportivo. As prazas son limitadas. A inscrición estará aberta ata o 15 de xullo na oficina de turismo da localidade.
Desde o Concello explican que “esta actividade O sabor da aventura está no mar é unha campaña deseñada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, que se centra en transmitir aos nenos e nenas a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo. Trátase dun obradoiro lúdico, que os motive no consumo de produtos do mar, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece”.
A actividade, que está destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos, levarase a cabo o 20 de xullo ás 10:00 horas no pavillón polideportivo municipal de Barreiros. As prazas son limitadas, a inscrición deberá efectuarse na Oficina de Turismo ata o vindeiro mércores, 15 de xullo.