O 20 de decembro terá lugar a V Run Foz Run Nadal, que organizan o Club Atletismo Ría de Foz e o Concello.

O Club Atletismo Ría de Foz organiza xunto co Concello de Foz esta
especial edición pola situación epidemiolóxica que estamos a vivir.

Gema Méndez Leivas, concelleira de Xuventude e Deportes, destacou que “os
esforzos dos nosos clubs na súa actividade diaria é algo que valoramos
moito, pero se cabe máis nestas circunstancias. Desde o Concello
animamos a participar nesta carreira, na que haberá probas para todas as
categorías e na que se conta con medidas especiais de prevención de
contaxio da Covid19, recollidas no seu protocolo. Apostamos pola
práctica deportiva de forma segura, como o vimos facendo tamén no
desenvolvemento das diferentes actividades como o programa Aberto x
vacacións, durante o verán, ou as nosas Escolas Deportivas Municipais,
activas durante o curso escolar”.

Manuel Eiras, presidente do Club Atletismo Ría de Foz, amosouse moi
ilusionado con esta nova edición: “unha das poucas probas que se
realizarán debido á situación que estamos a vivir”. Comentou os
traballados trazados das diferentes probas, nos que o porto é o
protagonista nesta ocasión. Entre as medidas adoptadas, destacou as
saídas en tandas e o gran desplegue de persoal voluntario que haberá
para este gran evento. Quixo agradecer o apoio do Concello, do comercio,
representado polo presidente da ACIA de Foz, José Carlos Paleo, así como
de Manolo Cadramón, xefe do servizo provincial deportes da Xunta de
Galicia.

As inscricións están abertas en: championchipnorte.com
No acto de presentación participaron Francisco Cajot, alcalde de Foz; Gema Méndez,
concelleira de Xuventude e Deportes; Manuel Eiras, presidente do Club
Atletismo Ría de Foz; Manuel Cadramón , xefe provincial de Deportes da
Xunta de Galicia, e José Carlos Paleo, presidente de AciaFozCCA.