Deportes
A sexta edición do Rally Mariña Lucense celebrarase os días 10 ,11 e 12 de maio. Será a cuarta proba do Campionato Galego de Rallyes de Asfalto 2024.
Constará de 4 treitos diferentes, todos eles a dobre pasada,
tendo un total de 280,94 quilómetros, dos que 88,56 son cronometrados.
A súa base estará no concello de Viveiro e transcorrerá tamén polos municipios de O Vicedo, Ourol, Cervo e Xove.
A Pontenova acollerá o día 11 de maio, sábado, a décimo quinta edición da Concentración de Sendeirismo que organizan o Concello e o Centro de Iniciativas Turísticas.
Os participantes percorrerá a nova ruta das minas, de 10,1 quilómetros e con dificultade media.
As actividades empezarán ás 09:30 horas coa concentración na Praza dos Fornos dos participantes, que sairán ás 10:00 horas cara ó comezo da ruta. Para as 14:35 horas está previsto o remate da andaina e o xantar, a base de bolos de liscos, bolos preñados, sobremesa e bebidas. E ás 16:00 horas haberá sorteo de agasallos entre os participantes.
Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 9 de maio.
Hoxe tivo lugar a presentación do agardado "Campus de Verán Fundación Celta by Cabreiroá 2024" no Concello de Barreiros. O evento contou coa presenza da alcaldesa, Ana Ermida; e o concelleiro de dinamización e participación veciñal, Dani García, xunto co coordinador da Fundación Celta de Vigo, Manu Gómez, e membros das directivas dos equipos locais colaboradores.
Dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, tanto do municipio como doutras localidades, o campus ofrece a oportunidade de mellorar a súa formación futbolística a través das metodoloxías lúdico-educativas de adestramento da canteira do RC Celta. Ademais, fomenta valores como o compañeirismo, a superación, xunto cunha educación integral.
O campus desenvolverase en Barreiros do 29 de xullo ao 2 de agosto, nos campos de fútbol dos equipos locais, Celta de...
leer másA alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anuncia que o Maratón Autonómico Urbano 2024 de Special Olympics Galicia celebrarase o día 25 de maio no municipio. O evento convocará, entre participantes e organización, a unhas 350 persoas.
Este maratón está organizado por Special Olympics Galicia, promovido pola Asociación de Pais de Persoas Con Discapacidade Intelectual de Viveiro (ASPANANE), e coa colaboración da federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual FADEMGA - Plena Inclusión Galicia, do Concello de Viveiro e da Deputación de Lugo.
... leer másA asociación Terras de Lourenzá organiza un fin de semana de rutas de sendeirismo do xoves 16 ao domingo 19 de maio, pola montaña palentina, en Cervera de Pisuerga. Farán tres rutas (venres, sábado e domingo), de diferente distancia e dificultade.
A saída será o xoves ás 16:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 13 de maio, chamando ao teléfono 647.06.70. 54 (Javier). O prezo é de 230 euros para os socios do colectivo organizador e de 280 euros para os que non o son. As prazas son limitadas.
Burela acollerá os días 25 e 26 de maio o campionato galego de mountain bike 'Enduro Monte Castelo'. O evento contará cunha participación estimada de 180 deportistas.
O día 25 de maio, sábado, terá lugar a proba de remontes de tramo urbano de 10:00 a 13:30 e de 15:00 a 18:00 horas, así como a proba TC0 crono en tramo urbano. Ao día seguinte, o domingo 26 de maio, será a quenda da carreira enduro de 5 tramos, que se desenvolverá entre as 9:00 e as 15:00 horas. En total, o campionato constará de 28 quilómetros de probas e 1.400 metros de desnivel.
“Apostamos forte por este tipo de actividades, xa que a mestura de monte e de entorno urbano fai de Burela un enclave perfecto para estas competicións”, sinala a alcaldesa, Carmela López.
Pola súa banda o presidente do Club Cerezo Bikes e co-...
leer másO Concello de Burela organiza, coa colaboración do Centro de Saúde do municipio, unha serie de paseos saudables abertos para a veciñanza. As monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia serán as acompañantes na actividade. O primeiro terá lugar o xoves 2 de maio ás 10:00 horas, con saída dende o propio Centro de Saúde. A iniciativa repetirase ao longo dos meses de maio e xuño.
Estes Paseos Saudables con Gaia inclúense no marco da Estratexia de Promoción da Saúde do Ministerio de Sanidade e do Plan Local do Centro de Saúde de Burela.
A concelleira responsable do Centro Gaia, Lina Gómez Pardo, convida “a todas as veciñas e veciños de Burela a participar nestas andainas, un xeito perfecto de manter un hábito saudable dunha maneira divertida e amena”.
Dende o Centro de Saúde sinalan...
leer másAs competicións, que contarán coa participación de seis equipos, desenvolveranse no pavillón de deportes ribadense desde as 10:30 horas e rematará ás 19:30 horas, coa entrega de trofeos.
O evento foi presentado na Casa do Concello polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o concelleiro e o técnico municipal de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López; e o presidente do Club de Hockey Isla Pancha, Marcos Cabanas.
O edil de Deportes ribadense sinalou: “estamos moi contentos de colaborar co Club de Hockey Isla Pancha neste evento e parécenos moi interesante que Ribadeo siga a acoller acontecementos deportivos durante as fins de semana porque reúnen a persoas de diferentes lugares, o que é moi positivo para a dinamización económica do concello”.
O pavillón polideportivo municipal de Lourenzá acollerá o II Preparatorio ao Campionato Provincial de Patinaxe Artística este domingo, 28 de abril, a partir das 16:30 horas.
Ademais das Escolas Deportivas Lourenzá participarán neste evento deportivo as escolas deportivas municipais de Barreiros e Chantada, AEHDE O Carballiño e ACD Xove.
As Escolas Deportivas Lourenzá anuncian que participarán “máis de 150 patinadores, voando cara o podio do campionato provincial”.
Ribadeo acollerá a Gladiator Family con carácter solidario o 28 de abril. O importe das inscricións desta proba de obstáculos infantil será doado integramente á Cruz Vermella ribadense. A carreira está dirixida a nenas e nenos de 3 a 11 anos. Mañá é o último día para inscribirse. Os interesados en participar poden facelo en http://www.gladiatorraceoficial.es/ O evento foi presentado hoxe.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, lembrou que “a proba, que está patrocinada por Banco Mediolanum a través do proxecto Mediolanum Aproxima, terá lugar o 28 de abril a partir das doce da mañá na praza de España. Nenas e nenos, acompañados dun adulto, disfrutarán dun día en familia facendo deporte, no que se enfrontarán a distintos obstáculos en dous percorridos, un de 500 metros para as...
leer más