Deportes
A vila ribadense acollerá os días 30 de xuño e 1 de xullo o XI Torneo de Fútbol Sala Feminino Vila de Ribadeo, que disputarán 24 equipos procedentes de Galicia, Navarra e Cantabria nas categorías alevín, infantil, cadete e senior. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello. No acto participaron o concelleiro de Deportes, David Rivas; Víctor Pérez Quintana, do Ribadeo FC, club organizador; e Carmen Cruzado, de Acisa.
Pérez Quintana explicou que “participan 24 equipos, 14 en sénior e 10 en categorías base, e veñen de Navarra, Santander e das catro provincias galegas, polo que en total serán unhas 250 xogadoras aproximadamente. Ademais as xogadoras dos equipos das categorías de menor idade veñen acompañadas polos pais. O torneo xógase nos dous pavillóns polideportivos desde as 10 da mañá do sábado ata as 3 da...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Educación, José Ramón Soto e Dolores García Caramés, presentaron unha nova edición das Noites Alternativas que comezarán o vindeiro martes, 3 de xullo.
A Noite de Orientación, na Praza dos Campos, será a actividade que inaugure unha completa axenda lúdico-deportiva que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Ciprián; a partir das 22:00 horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.
As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as 21:30 horas.
... leer másOs Sendeiros de Foz organiza a ruta á Fervenza do Escouridal, en Alfoz, o 7 de xullo. Con esta actividade dan comezo os andareiros de verán 2018.
A saída será ás 9:00 horas da praza de Galicia, e os participantes visitarán, entre outros lugares, a cascada do Escouridal, que é unha das maiores de Galicia.
O prezo é de 3 euros para as persoas non federadas, seguro de accidentes obrigatorio. Para participar os interesad@s deben anotarse antes do venres 6 de xullo, e poden facelo nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es
A organización informa que a ruta ten unha dificultade media e recomenda levar equipo de sendeirismo, auga e comida. Colabora nesta actividade o Concello de Foz.
A oferta para este verán da Concellería de Medio Ambiente burelesa inclúe tamén paddel surf desde o 10 de xullo ao 31 de agosto, segundo deu a coñecer no día de hoxe a edil Noelia Mª Ben.
A actividade está destinada a rapaces con idades comprendidas entre os 10 e os 16 anos. Os interesados en participar poderán inscribirse os días 25 e 26 de xuño de 8 a 11 horas na Casa do Concello. As fichas para anotarse poden atopalas na Biblioteca e no propio Concello.
Noelia Mª Ben subliña que “a lista de admitidos publicarase o 29 deste mes e a adxudicación de prazas farase por rigorosa orde de inscrición, sempre que cumpran cos requisitos esixidos. Teñen que saber nadar e estar empadroados/as en Burela”.
A concelleira de Medio Ambiente engade que “ofertamos un total de 40 prazas para esta...
leer másA III edición da Carreira Nocturna Burela Bonita terá lugar o día 21 de xullo. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, agarda que se superen os 240 inscritos do ano pasado. O evento foi presentado este mediodía no Concello burelés.
O edil de Deportes anunciou que “presentamos a terceira edición da Carreira Nocturna Burela Bonita que imos celebrar o día 21 de xullo, a partir das dez e media, vai ser a carreira de 5 e 10 quilómetros”.
Ramiro Fernández subliñou que “este ano imos facer a carreira dos nenos, que o ano pasado fixémola pola mañá, con anterioridade á carreira principal. Nesta edición imos dar trofeos en todas as categorías como novidade, e esperamos que a participación do ano pasado, que foi de 240 persoas, mellore nesta edición e que haxa máis xente que participe na carreira”.
... leer másA asociación cultural e deportiva As Minas organiza a I Carreira Popular Vía Verde do Eo, que se celebrará en A Pontenova o 23 de xuño.
Esta carreira, de 10 quilómetros de percorrido, partirá do concello asturiano de San Tirso de Abres, atravesará zonas de Trabada e rematará na Praza dos Fornos de A Pontenova. A proba discorrerá na súa totalidade pola antiga vía do ferrocarril que unía A Pontenova e Ribadeo atravesando ata catro túneles e sempre ás beiras do río Eo.
Antes da saída haberá un acto de homenaxe a Tito Margaride na explanada do pavillón municipal de A Pontenova ao que se lle poñerá o nome do atleta local.
A carreira roldará os 200 participantes, e as inscricións poden facerse en championchipnorte.com.
O alcalde burelés, Alfredo Llano, anunciou hoxe que o Lugo e o Oviedo enfrontaranse nun partido amistoso en Burela o vindeiro 1 de agosto. Así llo comunicou o presidente do club lucense ao rexedor con quen coincidiu o pasado domingo no estadio Anxo Carro, onde o Burela se mediu ao Pobra de Brollón na final da Copa Deputación.
Alfredo Llano lembrou que “o domingo estivemos en Lugo no Anxo Carro, para ver un partido extraordinario entre a Pobra de Brollón máis o Burela, que disputaron a Copa Deputación. Foi un torneo bonito, moi ben traballado polo noso equipo que se fixo campión merecidamente, venceu na final 3-1, xogaron ben e vese que leva bo ritmo, que está ben equilibrado e está formando un bo equipo para cumprir o ascenso que imos ter para esta nova tempada”.
O alcalde comentou que “estiven falando co...
leer másHoxe presentáronse as escolas deportivas municipais de verán que organiza a Concellería de Deportes de Burela e que se desenvolverán do 2 de xullo ao 24 de agosto. A inscrición ábrese o vindeiro luns, día 25 de xuño. Haberá patinaxe, multideporte e xogos tradicionais, rutas en bicicleta, baloncesto e xogos na praia. No acto celebrado esta mañá participaron o alcalde, Alfredo Llano, o técnico de Deportes, Iván Cao “Lucas”, e o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey.
O edil burelés anunciou que “hoxe presentamos as escolas deportivas de verán no Concello de Burela. O obxectivo é primeiro que o deporte siga practicándose durante todo o verán en Burela, e eu penso que esta iniciativa axuda a que iso se cumpra, e tamén axudar un pouquiño á conciliación familiar dos papás e das mamás que teñen que traballar. Nosoutros con estas...
leer másA Delegación de Xuventude do Concello de Foz organiza a XI edición do Campus de Patinaxe Artística que terá lugar dos días 25 ao 29 deste mes de xuño. Na presentación, que tivo lugar hoxe na Casa da Xuventude, estiveron o alcalde focense, Javier Castiñeira; o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero Méndez; o presidente da asociación Escolas do Deporte, Ibán García; e a directora do Campus, Rebeca García.
O campus celebrarase, unha vez máis , nas instalacións do CEIP O Cantel, onde os nenos e nenas gozarán da patinaxe artística e de actividades complementarias en horario de 10:30 a 19:30 horas. Entre outras actividades complementarias haberá paseos en kaiaks, excursións, xogos tradicionais, inchables e xogos na praia.
Este campus está dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos de...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Burela, Alfredo Llano García; o Concelleiro de Deportes de Viveiro, Emilio Villarmea Méndez; o Concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto, e o Presidente da Fundación INDECUM,Marcelino Luna Almarza, presentaron no Pazo de San Marcos o VII Memorial Heroes do Orzanno que participarán máis de 100 equipos, formados por 1.200 nenas e nenos, durante dúas fines de semana do mes de xuño.No acto tamén participaron familiares de Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor, os tres policías aos que rende homenaxe este torneo.
A competición desenvolverase entre os días 14 e 17 de xuño na Coruña, coa participación de 30 equipos da zona, e entre o 27 e o 1 de xullo na Mariña Lucense. Nesta segunda fase, reuniranse máis de 70 equipos das categorías prebenxamín,...
leer más