Cursos
10/09/2016
Do 19 de setembro ao 15 de outubro no Valadouro terá lugar un obradoiro de radio xuvenil. Levarase a cabo na emisora local, na Casa da Cultura e contará con clases teóricas e prácticas.
Está dirixido a persoas con idades entre 12 e 30 anos e as prazas son limitadas. Os interesados poden obter máis información no número de teléfono 982 57 15 16 ou na dirección de correo electrónico omixvaladouro@hotmail.com.
Esta actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de O Valadouro.
01/09/2016
O centro cívico de A Cazolga acollerá este sábado, 3 de setembro, e o domingo 4, un curso de iniciación de pesca á mosca.
Impartiranse temas como o atado de mosca e técnicas de lanzado e está organizado pola Asociación Pescadores Río Masma.
Os interesados poden recibir máis información e realizar a súas inscricións nos números de teléfono 608 185 187, 619 271 490 ou 673 290 300.
Colaboran na organización desta actividade os concellos de Mondoñedo, Barreiros, Lourenzá e Foz.
22/08/2016
O grupo Ourelo organiza un obradoiro de elaboración de conservas os días 5, 6 e 7 de setembro.
Esta actividade desenvolverase en Bravos, Xerdiz e Ourol, sempre e cando se reúna un número suficiente de persoas para celebrar un obradoiro en cada parroquia, en caso contrario realizarase en Ourol. O horario será de 18:00 a 20:00 horas e o prazo de inscrición é ata o 2 de setembro no teléfono 982 55 91 09.
Nestas xornadas de carácter práctico se coñecerán os xeitos máis comúns de elaboración de conservas explicando as técnicas de conservación que mellor se adecúan a cada produto, todo elo de forma práctica. Elaboraranse conservas dos vexetais máis típicos...
leer más 28/07/2016
O Eido Dourado organiza por primeira vez unha serie de laboratorios artísticos para nen@s, que se desenvolverán o 29 de xullo e o vindeiro mércores, 3 de agosto. Esta experiencia tamén se faría para o público adulto que desexara asistir ao longo do mes de agosto.
Estes talleres serán impartidos pola licenciada en Belas Artes Lucía Vila, que manifestou que “son como experiencias artísticas para que os nenos se acheguen ao Eido Dourado dunha forma máis natural e a un museo en xeral. O que queremos basicamente é que os nenos dialoguen coa obra de Celso e que reflexionen sobre os elementos que configuran a obra do autor”.
Lucía Vila engadiu que “estes...
leer más 27/07/2016
A Escola de Escritura Creativa, Expresiva e Literaria organiza un curso de Escritura Expresiva en Vilanova de Lourenzá os días 4, 5, 6 e 7 de agosto.
Este taller de escritura vai estar inspirado en Maragatacasa, unha casa burguesa construída en 1904. Os asistentes practicarán diversas formas nas que escritura, meditación e paisaxe poden entrelazarse. Presentaranse un abano de exercicios de escritura expresiva e os coñecementos básicos para poder continuar con esta práctica de xeito individual. Será impartido por Marisé Barreiro, filóloga que dende o ano 2009 imparte cursos regularmente en Galicia, Madrid e outras comunidades.
O horario do taller...
leer más 26/07/2016
A Piscina Municipal de Alfoz acolle este verán cursos de natación dirixidos a nenos e adultos.
A duración dos cursos é de 1 mes e desenvólvense en horario de mañá de luns a xoves. Os luns e mércores para os adultos, e os martes e xoves para nen@s. Os horarios son ás 12:00 horas para iniciación, 12:45 horas para nivel medio e 13:30 horas no nivel avanzado tanto no caso dos adultos como dos nen@s.
A inscrición é de balde e pode facerse na propia Piscina Municipal de Alfoz.
21/07/2016
O grupo de moz@s Ourelo organiza para o vindeiro martes, 26 de xullo, o seu próximo obradoiro, que terá por título A muller na literatura e na ciencia.
Neste obradoiro, desde unha perspectiva práctica, coñeceranse ás mulleres que máis destacaron nestes dous eidos. Os asistentes elaborarán un álbum coas biografías e pensamento de mulleres que destacaron na ciencia, na literatura o una mecánica.
O obradoiro terá lugar o 26 de xullo entre as 11:00 horas e as 13:00 horas, na Biblioteca Municipal de Ourol. Os interesados poden facer as súas inscricións no teléfono 982 55 90 19.
06/07/2016
A Escola Municipal de Música ‘O Pallarego’ de Mondoñedocelebrará este verán o VI Curso de Música Interdisciplinar que se levará a cabo do 11 ao 15 de xullo. O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías,Alberto García e Xulia Nogueira, mestrada escola, presentaron hoxe o cartel destas xornadas.
Alberto García apuntou que “un ano máis levamos a cabo esta actividade que se dirixe a rapaces de catro anos en diante, tanto para os que tocan algún instrumento ou están comezando a facelo, como para aqueles que non se iniciaron no mundo da música pero que teñen interese en descubrilo”.
García precisou que nos cursos se “traballará o ritmo, a voz, a...
leer más 01/07/2016
O Concello de Mondoñedo, a Deputación de Lugo e a USC promoven un curso de verán sobre a educación na natureza e as intervencións asistidas con animais. A iniciativa, que se desenvolverá os días 20, 21, 22 e 23 de xullo no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, está organizado en colaboración coa Asociación Nenea, medrar creando que é a primeira Escola Bosque que se abre en Galicia.
A data para formalizar a matrícula finalizará o día 8 de xullo.
Obxectivo do curso
O curso pretende dar a coñecer aos profesionais que traballan con nenos e nenas os beneficios da educación na natureza e as posibilidades que ofrecen os animais adestrados para a...
leer más 13/06/2016
El próximo 4 de julio arrancará una nueva edición de la Escuela de Minitalentos, que organiza Academia A Mariña para niños y niñas con edades comprendidas entre los 3 y los 13 años. El plazo de inscripción está abierto. Aquellos que formulen su matrícula hasta el 15 de junio tendrán precio especial.
La directora de la Escuela de Minitalentos, Raquel Hermida, destaca que “la Escuela de Minitalentos es un programa de desarrollo infantil para fomentar el talento de los niños y las niñas. Nos centramos en dos franjas de edad Escuela A (de 3 a 7 años) y Escuela B (de 8 a 13 años) acorde con la psicología evolutiva infantil, ya que cada escuela necesita una atención especial y la forma de aprender varía según la edad. Trabajarán la...
leer más