Lourenzá acollerá un taller residencial de escritura expresiva do 4 ao 7 de agosto.

Lourenzá acollerá un taller residencial de escritura expresiva do 4 ao 7 de agosto.
 
A Escola de Escritura Creativa, Expresiva e Literaria organiza un curso de Escritura Expresiva en Vilanova de Lourenzá os días 4, 5, 6 e 7 de agosto.
 
Este taller de escritura vai estar inspirado en Maragatacasa, unha casa burguesa construída en 1904. Os asistentes practicarán diversas formas nas que escritura, meditación e paisaxe poden entrelazarse. Presentaranse un abano de exercicios de escritura expresiva e os coñecementos básicos para poder continuar con esta práctica de xeito individual. Será impartido por Marisé Barreiro, filóloga que dende o ano 2009 imparte cursos regularmente en Galicia, Madrid e outras comunidades.  
 
O horario do taller será de 10 a 14 horas, quedándolles as tardes libres aos asistentes.