Cursos

Etiquetas:
09/05/2018

O Concello de Foz organiza un curso para aprender a usar os teléfonos móbiles smartphone. Será na Casa da Xuventude desde o día 28 deste mes ata o 6 de xuño de 18:00 a 19:30 horas.

A concelleira Mercedes González dá a coñecer un novo curso “para dominar os teléfonos intelixentes. Despois do éxito da pasada edición, e da demanda que había, este ano volvemos a ofertar este curso. Do 28 de maio ao 6 de xuño faremos un obradoiro no que coñecer as posibilidades que nos dan estes teléfonos: aprender o seu uso, instalar aplicacións, sacarlles partido,… E para as persoas que non teñan facilitámoslle un para que poidan aprender desde cero”.

O curso será impartido por Carmen Seco e as prazas son limitadas. A inscrición pode facerse na Casa da Xuventude ou chamando ao teléfono 982.133.037.

 

Etiquetas:
04/05/2018

Tá en Artes organiza un ano máis, coincidindo coa celebración da Semana das Artes na Mariña, un obradoiro de escultura en Foz que terá lugar o sábado, 5 de maio.

A actividade está dirixido a nenos e rapaces de todas as idades, e seguindo coa homenaxe a Puchades, a temática este ano vai ser a escultura.

Este obradoiro terá lugar na Avenida da Mariña, na parada de taxis, a partir das 12:00 horas. Os organizadores pretenden que os traballos que resulten queden expostos na rúa para darlle vida e ser un atractivo máis.

A Asociación de Comerciantes de Foz e Centro Comercial Aberto colabora coa actividade que supón tamén unha dinamización da rúa no ámbito comercial.

Para participar neste taller hai que anotarse no correo ...

leer más
Etiquetas:
29/04/2018

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso básico de apicultura en Alfoz.

A actividade, que terá lugar os días 26 e 27 de maio, desenvolverase na Casa da Cultura de Alfoz.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 981 508 142, ou na web www.apiculturagalega.es e info@apiculturagalega.es.

Este curso é de balde para socios/as de AGA, e para o resto o prezo é de 50 euros. Colabora o Concello de Alfoz.

Etiquetas:
27/04/2018

A Aula CeMIT do Concello de Barreiros organiza durante o mes de maio novos cursos sobre a utilización de dispositivos móbiles.

Aprende a usar a tablet e Aprende a usar o Smartphone comezarán o vindeiro mércores, día 2 de maio, e prolongaranse ata o 23 deste mes. Terán lugar na Aula CeMIT de Barreiros, no Teleclub de San Cosme. O horario será das 16:30 ás 18:00 horas. 

Estes cursos son gratuítos e o número de prazas é limitado. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na propia Aula CeMIT ou no correo cemit.barreiros@xunta.es.
Colabora a  Fundación Vodafone España que pon a disposición dos asistentes tablets e móbiles de última xeración para que, os que non dispoñen destes dispositivos, poidan practicar durante as clases.

 

Etiquetas:
25/04/2018

A Delegación de Medio Ambiente organiza  un  taller de horta familiar ecolóxica que terá lugar o 15 de maio. Desenvolveras na Praza de Abastos en horario de tarde da 16:00 á  20:00 horas.

O número de prazas é limitado a 20 alumn@s, e as persoas interesadas poden inscribirse na oficina de Medio Ambiente ou no teléfono 982 580 867.

A  concelleira de Medio Ambiente, Noelia María Ben, anima  a participar neste  taller no que  “terán prioridade os  veciños e veciñas de Burela”.

A  edil burelesa salienta que “o obxectivo é presentar os primeiros pasos para crear ou transformar unha pequena horta ecolóxica destinada ao autoconsumo así como a resolver as inquedanzas máis habituais”.

Este taller será coordinado polo espazo agroecolóxico A Estruga e impartido polo...

leer más
Etiquetas:
05/04/2018

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza unha nova edición do obradoiro titulado Aprende a usar o teu smartphone.

Terá lugar os días 18, 19, 23 e 24 de abril, de 16:00 a 17:30 horas. As prazas son limitadas e para participar será necesario facer a preinscrición chamando ao 982 120 732 ou na propia Aula CeMIT.

Esta actividade desenvólvese en colaboración coa Fundación Vodafone, que ofrece varios cursos online. Está orientada principalmente a introducir ás persoas maiores xa non só no uso básico destes dispositivos, senón a mostrarlles tamén as múltiples vantaxes e posibilidades que lles abren en temas como seguridade, novas formas de lecer, as relacións cos demais ou a dispor dunha maior información. 

Os participantes terán a oportunidade de contar cuns dez smartphones como elementos...

leer más
Etiquetas:
25/03/2018

La UNED-Aula Universitaria de Foz organiza cuatro cursos durante los meses de abril, mayo y junio. Fueron presentados por el alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, y la coordinadora del centro, Fuensanta Otero Beltrán.

El curso de Arduino I tendrá dos sesiones, el 9 y el 16 de mayo de 16:30 a 20:30 horas, y se podrá hacer tanto presencialmente como por streaming, al igual que el de Arduino II, que también tendrá dos sesiones, el 13 y el 20 de junio de 16:30 a 20:30 horas.

La actividad formativa sobre animación sociocultural para la tercera edad se realizará el 9 y el 16 de mayo de 17 a 21 horas. Este curso se desarrollará presencialmente y tendrá formato de dos clases presenciales y 17 horas de trabajo on line.

El curso de Buceo OWD y Técnicas de muestreo Subacuático (2ª edición) se...

leer más
Etiquetas:
05/03/2018

A Delegación de Muller do Concello de Foz levará a cabo unha campaña titulada Foz conciencia, non somos invisibles, con motivo da celebración do Día da Muller. A concelleira Mercedes González Alonso explica que “se trata de visibilizar o traballo da muller na ciencia”. A campaña consistirá no desenrolo de obradoiros con alumnos e alumnas dos centros educativos do municipio que terán lugar na Casa da Xuventude mañá, martes, e o mércores. 

A concelleira sinala que “con motivo do 8 de marzo, Día da Muller, dende a Concellería da Muller do Concello de Foz levamos adiante a campaña Foz conciencia, non somos invisibles. É un xogo de palabras co que queremos poñer de manifesto o papel das mulleres na ciencia, dar a coñecer as novas verdades científicas da historia, o seu traballo e o que tiveron que loitar para poder dar a coñecer a súa presenza...

leer más
Etiquetas:
05/03/2018

A Concellería de Turismo ven de presentar o programa "TUR-conéctate. Ribadeo, destino turístico de calidade", que ten como obxectivo contribuír á mellora da capacidade profesional do sector hostaleiro e da restauración. En marzo e abril desenvolveranse sesións formativas no centro CFEA Pedro Murias, que serán impartidas por profesores da Escola de Hostalería de Foz e por profesionais especializados. Tamén haberá roteiros guiados polo monumento natural praia das Catedrais e polo patrimonio civil e relixioso da vila, así como nocións de márketing dixital.

A concelleira de Turismo, Ana Martínez, anunciou que “iniciamos este semestre cunha serie de cursos destinados a persoal base dos establecementos de hostalería, xerentes, encargados, propietarios de negocios ou calquera outra persoa que estea interesada en formarse profesionalmente neste...

leer más
Etiquetas:
25/02/2018

O vindeiro luns, día 26, ábrese o prazo de inscrición nos cursos de baile de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. Patricia Otero explica que “todas as persoas interesadas en participar poden achegarse ata a Casa do Concello para anotarse, dado que a inscrición será presencial”. As prazas son limitadas. 

A actividade dará comezo o 6 de marzo e rematará o 26 de xuño. O martes é o día elixido para o desenvolvemento desta actividade. As quendas serán as seguintes: de 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:30 horas.

O baile de salón impartirase na Casa da Cultura. 

As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao seguinte número de teléfono: 982 58 06 09.