Cursos
Academia A Mariña impartirá próximamente un curso para la obtención del certificado de profesionalidad en Gestión de la producción en fabricación mecánica, nivel 3. Formación gratuita, con beca de transporte, cofinanciado por la Xunta y el Ministerio de Empleo.
Los requisitos de acceso: estar en posesión, como mínimo, del Bachiller. Las plazas son limitadas. Las personas interesadas deben dirigirse para obtener más información al siguiente número de teléfono: 982 58 50 98.
Se trata de un curso de 428 horas de duración, que se prolongará desde ahora y hasta el próximo mes de marzo. Se impartirá en horario de 16 a 20 horas en las instalaciones de Academia A Mariña en Burela.
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Presidente e Secretario da Fundación Sargadelos, Segismundo García e José Luis Vázquez, respectivamente, presentou este martes nas instalacións desta entidade en Cervo os Workshops Sargadelos 2017. Trátanse dos obradoiros de cerámica dirixidos a profesionais, que ofrecen formación da man de recoñecidos expertos a nivel internacional sobre innovadoras técnicas coas que acadar novos produtos que se poidan incorporar aos sectores da moda, da decoración e da gastronomía.
O Goberno Provincial financia na súa totalidade esta iniciativa con 20.000 euros, facendo que o custe para os interesados sexa de cero euros. “Facémolo porque queremos poñer en valor a cerámica de Sargadelos, un dos buques insignia deste sector na nosa provincia e en Galicia, que traspasa as nosas fronteiras, así como...
leer másO Concello de Mondoñedo porá en marcha o proxecto “Cada neno un instrumento”, coordinado entre a Escola Municipal de Música “OPallarego” e o CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, que ten como finalidade incentivar o interese pola música entre o alumnado en idades temperás, así como achegar o proxecto da Escola de Música aos nenos.
O edil de Educación, Alberto García, e a profesora da Escola de Música, Xulia Nogueira, presentaron esta mañá o proxecto, que botará a andar na cidade no mes de outubro, e que xa se está a desenvolver con éxito en Alemaña.
A través deste programa permítese que o nenos recibanno centro educativo, e de xeito gratuíto, clases dun mestre da Escola de Música.En concreto, no caso mindoniense, esta iniciativa dirixirase ao alumnado de 3º e 4º de Primaria e consistirá en que, unha vez cada quince días,...
leer másA Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela iniciará sete novos cursos de formación informática.
O vindeiro luns, 2 de outubro, comeza o curso de Iniciación á informática, dirixido a persoas sen coñecementos previos e con interese en iniciarse no uso do ordenador. Esta actividade desenvolverase durante 8 días, rematando o día 11, en horario de 09:30 a 11:00 horas.
Tamén o día 2 se estrea o curso de Iniciación a internet, que está dirixido a todas as persoas interesadas en introducirse no marabilloso mundo da información que é internet. Este curso estendese ata o día 13 en horario de 11:00 a 12:30 horas.
O venres, 6 de outubro, haberá unha charla para dar a coñecer as aplicacións móbiles máis útiles para as...
leer másEste mes de setembro comeza na Librería Bahía, en Foz, un Taller de Escritura dirixido polo poeta Eduardo Estevez.
Está dirixido a homes, mulleres, rapazas e rapaces de 13 anos en diante –non hai idade límite por enriba- que lles guste escribir ou que lles gustaría facelo, pero non saben moi ben como empezar.
Vaise desenvolver durante todo o curso en dúas sesión mensuais os venres ás oito e media da tarde.
O próximo 29 de setembro ás oito e media dará comezo cunha sesión de presentación aberta para aquelas persoas que queiran achegarse e ver de qué se trata e tamén para as que xa están apuntadas e teñen claro que queren participar.
Eduardo Estevez ten publicados varios libros de poesía, un deles en colaboración co fotógrafo laurentino Nachok, e dirixe talleres...
leer másA Aula CeMIT do Concello acollerá o 2 de outubro un Taller de smartphones e tabletas para persoas maiores de 16 a 17:30 horas. As prazas son limitadas. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse na Aula CeMIT, sita na rúa Antonio Otero, 15, ou chamando ao seguinte número de teléfono 982 120 732.
No taller abordaranse cuestións como as funcionalidades básicas dos smartphones, acceso, axustes, contactos, chamadas, whatsapp, mensaxes, cámara, conexións a internet, navegadores, correo electrónico, apps, etc… Toda a información sobre esta actividade destinada ás persoas maiores está na web da Aula CeMIT: http://aulacemit.ribadeo.org/2017/09/06/smartphones-e-tabletas-para-maio...
Este taller está organizado pola...
leer másO Concello de Lourenzá, a través da Delegación Municipal de Xuventude, organiza un taller gratuíto de coaching que comezará neste mes de setembro e terá unha duración de 35 horas. O prazo para inscribirse está aberto e rematará o día 18.
Trátase dun taller gratuíto destinado a mozos de 16 a 29 anos de idade no que se impartirán técnicas de motivación para a busca de emprego, comunicación e habilidades.
As inscricións poden facerse de luns a venres de 9 a 14 horas na oficina do técnico de emprego e de 17 a 20 horas na biblioteca municipal.
Esta actividade organizada polo Concello de Lourenzá está subvencionada pola Dirección Xeral de Xuventude, da Xunta de Galicia.
O curso de verán ‘O futuro do patrimonio cultural: o caso da cidade de Mondoñedo’ estrutúrase en 21 horas lectivas e está aberto á participación dun máximo de 60 persoas, que terán como recoñecemento o correspondente diploma acreditativo ademais dun crédito.
Obxectivos do seminario estival
Este seminario estival nace cuns obxectivos moi amplos centrados en analizar o patrimonio cultural da cidade de Mondoñedo, contemplado dende diferentes ópticas, como son o patrimonio histórico, o artístico e o documental.
Ademais, no marco deste curso tamén se reflexionará sobre as oportunidades, fortalezas, debilidades e ameazas do patrimonio cultural derivadas da declaración do Camiño Norte como patrimonio da humanidade.
De igual xeito, neste foro ofreceranse relatorios sobre a dimensión...
leer másO Eido Dourado, en Barreiros, acollerá por segundo ano consecutivo laboratorios creativos para nenos e nenas. Serán impartidos por Lucía Vila todos os mércores ata o 16 de agosto, en horario de sete a oito da tarde. As prazas están cubertas neste primeiro obradoiro, no de hoxe, pero para as vindeiras sesións a inscrición está aberta no propio Eido Dourado ou a través do teléfono 610 90 24 58.
Lucía Vila, pintora e licenciada en Historia do Arte, sinala que “estes laboratorios van dirixidos neste caso aos máis pequenos entre os 4 e os 16 anos. O ano pasado os abríamos a persoas maiores tamén, pero en vista de que non tiveron moita acollida pois os centramos máis nos nenos pequenos”.
A responsable destes laboratorios creativos para nen@s no Eido Dourado engade que “seguindo co que empezamos o ano pasado, queremos...
leer másLas instalaciones de Academia A Mariña, en Burela, acogerán a partir del 6 de junio un curso presencial de informática básica. Se impartirá los martes y los jueves en horario de 20 a 22 horas.
Los asistentes manejarán programas como Word, Excel y Correo electrónico.
Desde Academia A Mariña explican que “hemos detectado la necesidad que tienen muchos trabajadores, de diferentes sectores, y público en general, en conocer el manejo básico de la informática, la informática que utilizamos en el día a día, en nuestras casas, en nuestras oficinas,… Cómo hacer documentos de forma clara, ordenada, justificada, cómo hacer tablas en Excel, cómo usar fórmulas, cómo imprimir una hoja en concreto, además de cómo utilizar el correo electrónico, herramienta imprescindible hoy en día para el contacto entre empresas, clientes, amigos, etc”.
...