Cáritas organiza unha charla sobre diabetes e hipertensión para o luns 13 de maio en Burela

O salón de conferencias do Concello de Burela acollerá o luns 13 de maio ás 18:00 horas unha actividade organizada por Cáritas Diocesana de Mondoñedo-Ferrol: a charla titulada 'Falemos de diabetes e hipertensión'.

Na conferencia, a cargo da enfermeira Paloma Rodríguez Oviedo, falarase de prevención e manexo destas enfermidades.

Nesta actividade colabora o Concello de Burela.