Burela acolle unha xornada sobre deterioro cognitivo este martes, 14 de maio

Burela acolle este martes, 14 de maio, unha xornada sobre deterioro cognitivo e perda da memoria. A sesión será a ás 19.00 no salón de conferencias (antiga biblioteca)

A charla estará a cargo do doutor José Ramón Martínez Calvo, especialista en xeriatría do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

É unha actividade incluída no programa Xunt@s de impulso da participación cidadá e asociacionismo na provincia, promovido pola Deputación de Lugo.