Charlas

Etiquetas:
10/12/2018

Mañá, 11 de decembro, terá lugar unha charla sobre o sétimo arte, segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense. 

A conferencia correrá a cargo da directora e guionista de cine Jaione Camborda, e leva por título Oficio de director de cine. Esta actividade terá lugar na Casa das Letras ás 17:00 horas. Está organizada pola Deputación Provincial de Lugo. 

 

Etiquetas:
30/11/2018

O vindeiro luns, 3 de decembro, ás 20:00 horas levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz unha charla sobre a nosa toponimia. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra, que ten como obxectivo divulgar a riqueza da toponimia galega.
 
Nesta charla, ademais de coñecer a orixe e o significado dos nomes de parroquias, barrios,… poderemos aprender a usar a aplicación colaborativa que pretende contribuír á preservación e difusión da microtoponimia galega a través da xeolocalización.
 
A Real Academia Galega coordina esta iniciativa, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

 

Etiquetas:
26/11/2018

A asociación A Pomba do Arco organiza unha mesa redonda sobre a participación dos mariñaos nas protestas de 1968 en Compostela e París. Será o xoves, 29 de novembro, ás 20:30 horas, na Librería Bahía de Foz. Nese acto tamén se presentará unha publicación coordinada por Xosé Ramón Ermida Meilán, titulada Galiza 1968. A consciencia avivada, na que se analizan eses feitos.

Na mesa redonda estarán presentes tres mariñaos que participaron nas protestas de 1968 en Compostela e París. Trátase de Luis Gonçales Blasco “Foz”, que era un dirixente estudantil compostelá que tivera que exiliarse nese ano de 1968 a París; Olga Villarino Rodríguez, natural de Foz e veciña de Barreiros, que era unha estudante da Facultade de Ciencias e participou nas protestas compostelás de marzo de 1968; e Adolfo Paz que era un emigrante en París e participou nas...

leer más
Etiquetas:
06/11/2018

O Concello de Foz organiza unha nova edición do ciclo de charlas médicas que comezará este xoves e abordará temas como o cancro de mama, a nutrición saudable e o bo uso dos medicamentos. As conferencias terán lugar os días 8, 15 e 22 deste mes de novembro, na Casa da Cultura focense. A presentación tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira; que estivo acompañado da xerente e da directora médica do Hospital Público da Mariña, María José Cortés e Eva López; e de Ramón Couto, responsable da Asociación Local de Loita contra o Cancro en Foz.

“Desde o Concello de Foz queremos informar a todos os veciños de Foz de da Mariña que o próximo xoves, ás oito da tarde, na Casa da Cultura, empeza unha edición máis das charlas médicas, este ciclo que se fai os xoves do mes de novembro. A verdade é que temos un cartel...

leer más
Etiquetas:
04/11/2018

A Casa da Penela, en Mondoñedo, acollerá a celebración dunha xornada sobre historia local que se celebrará o vindeiro sábado, 10 de novembro.

As actividades comezarán ás 12:00 horas cunha palestra do investigador mindoniense Xe Freire titulada "De república a república. Mondoñedo entre dous séculos", na que fará un percorrido pola vida da cidade no período que transcorre desde as décadas finais do século XIX ata as primeiras dúas décadas do século XX.

A segunda das palestras, que comezará ás 13:00 horas, correrá a cargo do investigador e crítico literario Armando Requeixo e levará por título "Letras e república na Galiza mindoniense". Xirará arredor do grupo de persoas que puxeron en marcha, durante o período republicano, a revista Galiza, publicación ligada ao núcleo galeguista da cidade e do que formaban parte...

leer más
Etiquetas:
02/11/2018

O colectivo Pensamento e Sementeira continúa coas súas tertulias do Outono Cultural 2018. O vindeiro xoves, 8 de novembro, será coa intervención da música Ugía Pedreira. O acto, aberto ao público, terá lugar no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro e dará comezo ás 20:30 horas.

As actividades programadas polo colectivo viveirense para este mes de novembro completaranse con dúas actuacións musicais que se celebrarán no Teatro Pastor Díaz. Deste xeito o grupo Batuko Tabanka intervirá o día 15, e o Coro da Mariña o día 29.

 

Etiquetas:
15/10/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha palestra sobre a historia da guerrilla antifranquista na Mariña e en Galiza. Será este martes, 16 de outubro, na Casa da Cultura de Foz, ás 20:30 horas.

Neste acto estará presente Francisco Martínez “Quico”, único membro vivo da Federación de guerrillas de Galiza e León, dirixente da guerrilla durante máis de cinco anos e exiliado en Francia entre 1952 e 1976.

O histórico guerrilleiro estará acompañado por Fernanda Cedrón Trigo, neta do mítico guerrilleiro mariñán Luis Trigo Chaos “O Gardarríos”; e Odette Martínez, especialista en memoria e profesora na Universidade de Montpellier.

 

Etiquetas:
26/09/2018

Os arqueólogos Luis Cordeiro Maañón e Celso Rodríguez Cao ofrecerán unha conferencia titulada Novas aportacións para o estudo da necrópole medieval da Basílica de San Martiño. Será no salón de actos do centro de interpretación da propia basílica este venres, día 28, ás 19:00 horas.

Este acto está incluído na programación cultural do Concello de Foz.

 

Etiquetas:
23/09/2018

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa titulada Non tolees coa wifi. Será por vídeo conferencia. 

Esta actividade terá lugar o 1 de outubro en horario de 12:00 a 14:00 horas. As inscricións deben facerse na Aula CeMIT, na Casa da Xuventude, e para obter máis información as persoas interesadas poden chamar ao número de teléfono 982 120 732. As prazas son limitadas. 

Os temas que se abordarán nesta xornada serán: as claves para contratar internet, cómo solucionar incidencias e reclamacións, e os dereitos d@s usuari@s.

Desde a Aula CeMIT explican que “o obxectivo desta xornada será explicar todo o que debe saber un usuari@ para poder contratar no seu fogar un servizo da internet adecuado ás súas necesidades e en función da súa cobertura, así como os seus...

leer más
Etiquetas:
22/08/2018

O Concello de Cervo, a través das súas delegacións de Turismo e Medio Ambiente, organiza unha charla titulada Avistando baleas en San Ciprián, que terá lugar o vindeiro martes, 28 de agosto, ás 20:00 horas, no asteleiro.

Esta conferencia correrá a cargo de Anxo Cao, estudante de Bioloxía que traballou como guía de avistamento de baleas nas Azores.

A actividade enmárcase no programa que se vai desenvolver ao longo do ano con motivo do nomeamento, por primeira vez, á Carpintería de Ribeira Francisco Fra como Centro Azul.

San Ciprián é un dos pobos pioneiros en Galicia na caza de baleas e Anxo Cao abordará temas como a tipoloxía e morfoloxía destes cetáceos, caza, avistamento e estado actual.