Charlas

Etiquetas:
06/04/2019

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza a quinta edición das Xornadas Sentirmos a Arte que se celebrarán do 8 ao 11 de abril.

O programa dará comezo o luns, 8 de abril, coa conferencia A comuna do barruzo. Un proxecto musical e artístico, que ofrecerán Ugia Pedreira e Abel Pérez. A comuna do barruzo é un libro disco no que se recollen composicións musicadas por Ugia Pedreira e Pierrot Rougier sobre poemas de autores da comarca Eonaviega.

O martes, día 9, o artista plástico viveirense Xosé Luís Neira Brochs falará de O mural cerámico. Os murais cerámicos de Neira Brochs atópanse distribuídos pola práctica totalidade da xeografía peninsular formando un conxunto que destaca pola súa grandiosidade, expresividade e intensidade. É un dos poucos creadores lugueses vivos con obra exposta no museo Reina Sofía.

... leer más
Etiquetas:
22/03/2019

O Concello de Ribadeo organiza un ciclo de charlas, que se desenvolverán os días 2 e 4 de abril na localidade e que terán como protagonista ao Camiño de Santiago como dinamizador da economía local. Está destinado a todas as empresas existentes que ofrecen servizos aos peregrinos ou aquelas persoas interesadas na apertura de novos negocios en torno ao Camiño Norte e aos seus camiñantes. A concelleira de Comercio e Turismo, Ana Martínez, fai unha chamada á asistencia a estas charlas que terán lugar na Casa do Mar, a partires das 17:30 horas. 

A edil salientou que “Ribadeo é unha das portas principais de entrada do Camiño a Galicia. Inicialmente esta entrada facíase a través da ría nas barquerías que trasladaban aos peregrinos de Asturias a Galicia e nos últimos tempos isto se fai a través da Ponte dos Santos. Nos últimos anos foi aumentando...

leer más
18/03/2019

O Centro Pedro Murias, de Vilaframil, acollerá o 22 de marzo unha xornada denominada Pensar unha alimentación máis próxima. A cita está coorganizada polo Concello de Ribadeo e pola rede REVOLTA. 

Fronte aos procesos de  agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros de produción e distribución máis próximos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentable como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food.

Os grupos de consumo, pequenos produtores, mercados labregos, cooperativas de distribución representan una alternativa ao modelo industrializado de produción e distribución alimentaria. Estes buscan rescatar esas outras formas de produción e consumo máis apegadas á terra. “A...

leer más
Etiquetas:
15/03/2019

O vindeiro xoves, 21 de marzo, terá lugar o I Foro Económico da Mariña que analizará A distribución e comercialización do peixe. Situación actual e perspectivas. No evento participarán como poñentes Eduardo Míguez, de Puerto de Celeiro; Miguel Neira, de Absa; Sergio López, da OPP de Lugo; así como un representante de Adexmar. 

Con esta cita dan comezo as actividades do Foro Económico da Mariña, que organiza a asociación do mesmo nome, e que pretende ser un punto de unión e encontro para os empresarios da comarca. 

Adrián Piñón, secretario do Foro Económico da Mariña, explica que “o primeiro Foro Económico da Mariña, tratando de situalo en diferentes sectores como se pretende, imos centralo neste caso no tema da distribución e a comercialización do peixe. Cremos que este é un sector fundamental para a comarca e por...

leer más
Etiquetas:
15/03/2019

A Comunidade de Montes Veciñais en man común de Loiba organiza este domingo, 17 de marzo, un faladoiro sobre o patrimonio do devandito monte.

A xornada, que terá lugar no centro social de Loiba, dará comezo ás 17:30 horas.

Trataranse os temas de O Camiño dos Arrieros e a Necrópolis de Penabranca, a cargo dos poñentes Bernardo Penabade, filólogo, mestre e escritor, e Pepe Riola, experto en camiños, historias e lendas de Ortegal.

O Camiño dos Arrieros comunicaba as areas da beiramar de Bares coas terras do monte Caxado, coñecidas de antigo polo nome de As Pontes de García Rodríguez. Foi unha ruta empregada durante séculos parta o transporte de mercadorías ao lombo de animais de carga conducidos polos arrieros, oficio que veu darlle nome ao camiño.

Ao remate das...

leer más
Etiquetas:
11/03/2019

A Concellería de Medio Ambiente organiza unha charla sobre a vespa velutina que terá lugar o vindeiro venres, 15 de marzo, ás 20:00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.

Nesta actividade formativa explicarase como evitar que se instalen niños de velutina preto das vivendas, as técnicas de trampeo de raíñas para os cidadás en xeral e para os apicultores, así como atraíntes e tipos de trampas. Tratarase ademais o ciclo da velutina, niños reais e diferenciación.

A charla correrá a cargo de José María Vázquez, xerente de SERPA, control de pragas, inventor e investigador de campo.

A actividade está organizada poloo Concello de Burela, a través da Delegación de Medio Ambiente, coa colaboración de SERPA.

Noelia Mª Ben anima asistir a esta charla de interese para...

leer más
Etiquetas:
13/02/2019

A deportista paralímpica Desireé Vila ofrecerá unha charla coloquio en Ribadeo. Será este venres, 15 de febreiro, no salón de actos da Casa do Mar a partir das 20:00 horas. Está organizada polo Concello e conta coa colaboración do Club de Hockey Isla Pancha.

Desireé Vila é autora do libro titulado "Lo único incurable son las ganas de vivir". Esta deportista viguesa practicaba ximnasia acrobática e por unha neglixencia médica perdeu unha perna. Na actualidade continúa coa práctica deportiva como atleta paralímpica.

 

Etiquetas:
11/12/2018

O Concello, a través do seu departamento de Servizos Sociais, organiza unhas charlas sobre o consumo responsable e o etiquetado alimentario, que se celebrarán os días 12 e 19 deste mes de decembro.

Estas actividades están incluídas no programa Decembro: mes da educación para un consumo responsable.

Mañá, día12, terá lugar a charla titulada Consumo responsable no Nadal. Será no centro sociocultural de San Cosme en horario de 11:00 a 12:30 horas.

E o 19 de decembro será a charla sobre Etiquetado alimentario, que se desenvolverá tamén no centro sociocultural entre as 11:30 e as 12:30 horas.

A Escola Galega de Consumo colabora co Concello de Barreiros na organización destas xornadas informativas. 

 

Etiquetas:
10/12/2018

Mañá, 11 de decembro, terá lugar unha charla sobre o sétimo arte, segundo informa a Concellaría de Cultura ribadense. 

A conferencia correrá a cargo da directora e guionista de cine Jaione Camborda, e leva por título Oficio de director de cine. Esta actividade terá lugar na Casa das Letras ás 17:00 horas. Está organizada pola Deputación Provincial de Lugo. 

 

Etiquetas:
30/11/2018

O vindeiro luns, 3 de decembro, ás 20:00 horas levarase a cabo na Casa da Cultura de Foz unha charla sobre a nosa toponimia. Esta actividade está enmarcada dentro do programa Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra, que ten como obxectivo divulgar a riqueza da toponimia galega.
 
Nesta charla, ademais de coñecer a orixe e o significado dos nomes de parroquias, barrios,… poderemos aprender a usar a aplicación colaborativa que pretende contribuír á preservación e difusión da microtoponimia galega a través da xeolocalización.
 
A Real Academia Galega coordina esta iniciativa, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.