O colectivo Pensamento e Sementeira continúa coas súas tertulias do Outono Cultural 2018. O vindeiro xoves, 8 de novembro, será coa intervención da música Ugía Pedreira. O acto, aberto ao público, terá lugar no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro e dará comezo ás 20:30 horas.
As actividades programadas polo colectivo viveirense para este mes de novembro completaranse con dúas actuacións musicais que se celebrarán no Teatro Pastor Díaz. Deste xeito o grupo Batuko Tabanka intervirá o día 15, e o Coro da Mariña o día 29.