Charlas

Etiquetas:
29/10/2019

A Casa da Cultura de Foz acollerá os catro xoves de novembro ás 20:30 horas un ciclo de charlas médicas organizado polo Concello focense.

A concelleira de Sanidade, Verónica Peña, explica: “quixemos que abarcaran todas as idades, desde a nenez ata a madurez e a vellez. Por iso cada xoves vai ir un especialista en cada idade: para a nenez ven un pediatra, para a adolescencia ven unha psicóloga, para a madurez ven un xinecólogo e para a vellez temos un xeriatra, pois aínda que no hospital de Burela non hai xeriatra consideramos que é un especialista importante para os problemas que son comúns a todos os maiores”.

Verónica Peña engadiu que “puxémolas ás oito e media da tarde porque cremos que é unha hora na que a xente vai saíndo do traballo e pode acudir antes de ir para a casa. Esperemos que lles guste a todos”....

leer más
Etiquetas:
23/10/2019

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o presidente de Nova Escola Galega (NEG), Xosé Lastra, presentaron esta mañá as III Xornadas da Terra de Miranda, un encontro de debate sobre o medio rural organizado pola asociación pedagóxica coa colaboración da Área de Cultura que se celebrará os vindeiros 25 e 26 de outubro no Centro Sociocultural Avelino Díaz de Riotorto.

O programa inclúe relatorios e mesas redondas a cargo de diferentes persoas e colectivos do eido educativo, económico e social da Terra de Miranda -Riotorto, A Pontenova, Meira e Trabada- que exporán as súas experiencias e iniciativas en relación co desenvolvemento rural. 

No cartel da xornada, destacan as conferencias de Narciso de Gabriel, catedrático de Historia da Educación na Universidade da Coruña e autor de investigacións sobre a...

leer más
Etiquetas:
14/10/2019

O auditorio da Casa da Cultura acollerá mañá, martes, ás 17:30 horas, unha charla sobre a prevención da gripe que contará coa intervención dos facultativos Raquel Barbosa e José Manuel Suárez, médicos preventivistas dos hospitais Lucus Augusti e Público da Mariña, respectivamente.

A charla está organizada polo Centro de Saúde de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo e dos Servizos de Medicina Preventiva do HULA e do Hospital Público da Mariña. 

 

Etiquetas:
03/10/2019
A Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural do Concello de Foz continúa no mes de outubro coas actividades relacionadas coas aves. En  setembro a Exposición Aves de Galiza, que foi moi ben recibida, permitiu a veciños, visitantes e mesmo algún Centro de Ensino do Concello, amosar a riqueza ornitolóxica do país.
 
Desde a Concellería de Medio Ambiente "Invitamos a celebrar o Dia Mundial das aves o sábado, 5 de outubro, as 12 da mañá. Convidamos a tódolos interesados a compartir un acto divulgativo con Luis Salaverri Leiras, Doutor en Bioloxía, experto ornitólogo e gran coñecedor das aves do Concello de Foz. O lugar escollido é Fazouro, no Centro Social-Antigas Escolas, ben próximo ao espazo dunar da Pampillosa refuxio de especial interese ornitolóxico onde aniñan as Pillaras das dunas. A Pillara foi...
leer más
Etiquetas:
30/09/2019

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá unha xornada informativa o 7 de outubro sobre telefonía móbil e internet.

A actividade desenvolverase o vindeiro luns, 7 de outubro, en horario de 12:00 a 13:30 horas mediante o sistema de videoconferencia. Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Instituto Galego de Consumo.

Na charla abordaranse os principais conceptos que se deben manexar e ter en conta na contratación, a relación coas compañías de telefonía móbil e os diferentes servizos ofertados por estas, como internet, datos, tipos de tarifas e permanencia, entre outros aspectos. Tamén se afondará nos dereitos en materia de consumo e analizaranse as principais reclamacións de telefonía móbil e internet ademais de como...

leer más
Etiquetas:
26/09/2019

A asociación Nordés Faladora organiza a segunda edición das Xornadas de Enerxías Renovables que se desenvolverán os días 27 e 28 de setembro. Nas mesmas abordarase o estado do sistema eléctrico español, o impacto que sufrirá polo autoconsumo fotovoltaico, o regulamento do autoconsumo de enerxía eléctrica e o cambio climático.

O venres 27 ás 19:30 horas no Abeiro de Mañón ofrecerá unha charla o doutor Eduardo Lorenzo Piqueras, catedrático da Universidade Politécnica de Madrid e profesor de enerxía solar fotovoltaica.

O sábado 28 ás 11:30 horas haberá unha visita á casa de Eduardo para ver o funcionamento dun sistema de calefacción/auga quente sanitaria mediante enerxía solar térmica con respaldo dunha caldeira de biomasa. Alí tamén falará do funcionamento dos muíños de auga e toda a tecnoloxía que significaban. ...

leer más
Etiquetas:
26/09/2019

O vindeiro 3 de outubro terá lugar a segunda charla-coloquio do Foro Económico da Mariña. A cita estará centrada en Alcoa. O título elixido é A Mariña sen Alcoa. Ameaza ou oportunidade. 

A mesa de análise terá lugar na Casa da Cultura de San Cibrao ás 19:30 horas. Contará coa participación dos alcaldes de Barreiros, Burela e Cervo, Ana Ermida, Alfredo Llano e Alfonso Villares, respectivamente, e estará moderada pola periodista Carmen Cruzado.
Desde o Foro Económico da Mariña explican que “con esta charla no Foro Económico da Mariña retomamos a actividade despois do verán, tratando un tema de actualidade para a nosa comarca, como é o risco de que peche a principal industria que temos nesta zona, coas consecuencias que para a nosa economía levaría apegadas pola destrución de miles de postos de traballo”.

O...

leer más
Etiquetas:
11/09/2019

As Xornadas Diversidade Étnico-racial, serán a primeira cita do outono que convoca o Observatorio da Mariña pola Igualdade. Terán lugar en Burela do 13 de setembro ao 4 de outubro e inclúen catro charlas/obradoiro co obxectivo de analizar e debater temas de xénero, interculturalidade e historias da vida que afectan ás mulleres racializadas así como a presentación do libro “Mulleres negras na ciencia” nos IES Monte Castelo e O Perdouro para dar visibilidade ás mulleres negras e afrodescendentes que fixeron historia na ciencia coas súas achegas. 

Para o desenvolvemento das xornadas, o Observatorio da Mariña pola Igualdade contará coa colaboración de Zinthia Alvarez Palomino, xornalista, membra de Afrogalegas, impulsora do proxecto Mulleres negras que cambiaron o mundo e autora do libro "Mujeres negras en la ciencia" así como con Jeane Costa...

leer más
Etiquetas:
18/08/2019

A asociación Nordés organiza as xornadas Memoria dun tempo que se celebrarán na Casa da Cultura de O Vicedo os días 22, 23 e 24 de agosto.

O xoves 22 ás 20:00 horas proxectarase o documental El silencio de los otros, galardoado co Goya 2018 e co Premio do Público da Berlinale, entre outros. De seguido haberá un debate con Luís Bará de Iniciativa Galega pola Memoria.

O venres 23 ás 20:00 horas o profesor e investigador Claudio Castro Lage falará de Luciano Pérez Riveira, que foi alcalde durante a II República do Concello de Riobarba (dende 1952 O Vicedo). A partires das 22:00 horas, ofrecerá un recital o músico e cantautor de O Carballiño Andrés Fernández.

E o sábado 24 ás 12:00 horas na ponte vella de O Barqueiro celebrarase unha homenaxe ás persoas represaliadas en xeral e na comarca en...

leer más
05/08/2019

O Concello de Cervo e a asociación Mariña Patrimonio organizan un acto divulgativo sobre a Sauna do Castro da Atalaia, que se celebrará este martes, 6 de agosto, na Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas.

Intervirán o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o arqueólogo Emilio Ramil. O rexedor falará sobre as xestións que o Concello leva feito para protexer esta xoia arqueolóxica, así como dos pasos para recuperar este importante ben patrimonial. O arqueólogo Emilio Ramil, que dirixiu a intervención arqueolóxica, informará do que se coñece a día de hoxe sobre esta monumental sauna da Idade do Ferro, redescuberta recentemente no transcurso dunhas obras de mellora nunha rúa da Atalaia.