Charlas
A asociación Nordés Faladora organiza unha vídeo conferencia sobre arte rupestre. Será o 23 de maio.
A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza unha vídeo conferencia titulada Memoria esquecida. A nosa arte rupestre, que se celebrará o sábado, 23 de maio, ás 19:00 horas.
A charla correrá a cargo de Luis Leclere, membro fundador do colectivo A Rula, asociación conformada para a procura da conservación e valoración social dos petróglifos prestando especial atención aos da comarca de Santiago.
A asociación Nordés salienta que os petróglifos do noroeste peninsular constitúen un dos focos de arte postpaleolítico europeos de maior interese. A pesares disto, na actualidade, a súa conservación está en grave risco. O abandono da explotación económica de boa parte dos nosos montes, os lumes periódicos ou a xeneralización do emprego de maquinaria pesada nas tarefas forestais son os principais...
leer másOs próximos días 12, martes, e 13, mércores, desenvolverase a segunda parte do Workshop Mondoñedo Virtual, dirixido por Felipe Debasa e Roberto Reigosa, enfocado a loitar contra o despoboamento nos tempos do coronavirus a partir dos bens culturais e o patrimonio, as smartcities, o entorno rural e a tecnoloxía. Estas videoconferencias efectuaranse por medio da plataforma Zoom e serán retransmitidas pola canle deYoutube de The Mondoñedo Valleye tamén a través da páxina de Facebook do Concello de Mondoñedo. Esta iniciativa enmárcase no proxecto Mondoñedo Valley Covid-19,para a loita contra o despoboamento, un proxecto encargado polo Concello de Mondoñedo á Universidad Rey Juan Carlos, dirixido polo profesor Felipe Debasa.
O martes, ás 12.00 horas está prevista a presentación na que participarán o alcalde, Manuel Otero; Alberto García...
leer másA Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza un novo vídeo faladoiro, titulado Un machado de hai 3000 anos nas Negradas (O Vicedo), que terá lugar este sábado, 9 de maio, ás 19:00 horas.
Ofrecerá esta conferencia o cariñés Lois Armada, arqueólogo que está a traballar pola recuperación e posta en valor do patrimonio inmemorial das bisbarras do Ortegal, A Mariña, a península ibérica en xeral e, incluso, alén dos Pirineos.
Lois Armada falará dun machado da Idade do Bronce que foi atopado por Federico Maciñeira no 1906, no lugar de Morgallón (Negradas-O Vicedo).
A actividade poderá seguirse a través do Jitsi Meet, onde se terá oportunidade de actuar directamente, previa anotación; ou en directo na canle de Youtube, o mesmo sábado.
Para...
leer másNordés, a Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza a terceira vídeo conferencia titulada Os cabozos da parroquia de Suegos (O Vicedo), que terá lugar este sábado, 2 de maio, ás 19:00 horas.
Nesta actividade viaxarase ao século XIX da man de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, museóloga e natural desa parroquia. Valorarase as diversas formas que toman os cabozos na parroquia de Santa María de Suegos, no concello de O Vicedo: mariñán, asturiano, tipo Ribadeo e mixto. Unha convivencia que converte a Suegos nun lugar excepcional nestas construcións feitas para gardar trigo, millo ou moitos outros alimentos esenciais na dieta de cada momento. Na videoconferencia abordarase este elemento da arquitectura popular de Suegos coa fin de dar a coñecer e conservar a cultura e sabedoría ligada a ela.
... leer másA segunda entrega dos Vídeo Faladoiros, que organiza Nordés para facer máis levadeiro este tempo de illamento, será o 25 de abril ás sete da tarde.
Desde a asociación Nordés explican que “nesta ocasión contaremos con Eliseo Fernández, experto na historia de Galicia, principalmente en temas referidos ao anarquismo, o antifranquismo e o movemento obreiro. Baixo o título de Mar aberto: fuxidas marítimas en Ferrol e Ortegal 1936-1939, vainos dar conta dalgunhas das moitas evasións por mar que se produciron nos anos da guerra civil e posguerra. Fugas nas que homes e mulleres contrarios ao bando franquista intentaban chegar á zona republicana ou a Francia a bordo de pequenas lanchas, bous ou barcos semellantes partindo de moitos sitios da costa galega; aínda que a exposición do noso convidado centrarase principalmente nas producidas dende Ares,...
leer másDesde la UNED-Aula Universitaria de Foz tras el gran éxito Alimentación saludable en tiempos de confinamiento, del ciclo NOS CUIDAMOS, con un balance de 211 matriculados, organizan otra actividad denominada Mens sana in corpore sano en confinamiento
La situación provocada por el estado de alarma por el coronavirus ha hecho saltar por los aires nuestra rutina a todos los niveles. Ante una situación, puedes sentirte vulnerable. Desde la UNED de Foz señalan que “todas y todos nos estamos sintiendo así, de un modo u otro. Manejar la incertidumbre, el caos, la confusión o los miedos, tan comunes en una situación como ésta, no es una tarea sencilla”.
Por ellos los días 22, 23 y 24 abril, de 17:00 a 18:30 horas la UNER-Aula Universitaria de Foz contará con:
-Sergio Iglesias García. (Ex- futbolista y Monitor...
Desde Nordés Faladora sinalan: “Amigas e amigos de Nordés. Co obxectivo de que o illamento se nos faga a todas e todos máis levadeiro vimos presentarvos unha nova proposta que agardamos sexa do voso interese, pois a continuidade da mesma vai depender precisamente do seguimento que teña, de tal xeito que, se vai ben a cousa, a unha primeira seguirá unha segunda, e a esta unha terceira...etc, etc”.
Trátase dos Videofaladoiros de Nordés. “Unha iniciativa en forma de relatorios de curta duración feitos e transmitidos en directo pola aplicación “jitsi meet”, unha das máis sinxelas de empregar de todas as ofertadas, polo que non hai escusa para deixar pasar a oportunidade de conectarse o sábado 18 de abril ás 19:00 horas para escoitar a charla deXosé Lois González, titulada Os mouros na toponimia do Ortegal e A Mariña”, engaden desde Nordés....
leer másNordés quere ser unha illa, como aquelas que cada día descubría Carvalho Calero no mar do mundo (“Futuro condicional”, 1982). E dende ela, tender pontes e ofrecer o seu apoio telefónico a aquelas persoas que están a pasar a corentena en solitario nos concellos do Vicedo, Mañón e Ortigueira. Desde Nordés explican que “por isto, creamos “parola(r)”, unha rede de conversas telefónicas. Se queres falar, ou coñeces a alguén que o precise, podémonos facer compañía dende as nosas casas”.
Persoas voluntarias de Nordés estarán ao outro lado da liña telefónica para botar unha parolada e dar compañía a quen decida chamar ao punto coordinador: 653756454 (Ricardo). Desde Nordés engaden que “ademais, comprométense a manter a confidencialidade dos contidos das conversas. Gustaríanos recalcar que as persoas voluntarias non son profesionais”.
... leer másApaga programa unha nova acción formativa, que terá lugar este sábado, 14 de marzo, ás seis da tarde no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias, de Ribadeo. Está organizada por Agacal, coa colaboración de Apaga. A xornada está destinada ás empresas forestais da comarca e na mesma abordarase a implantación do ciclo de técnico en aproveitamento e conservación do medio natural así como outras accións de formación continua dentro da familia profesional agraria.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “é unha xornada convocada por Agacal, que é un departamento de Medio Rural dedicado ao tema de formación principalmente. Pretende a reunión xuntar a todas as empresas do sector forestal da zona coa idea de implantar toda unha serie de ensinanzas, desde un ciclo medio de forestais a outro tipo de actividades de...
leer más