Certámenes
10/05/2016
A ACD Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro informa que segue aberto o prazo para participar no IV Concurso Infantil de Debuxo Festa da Merluza do Pincho de Celeiro.
Esta asociación invita a todos a presentar os seus traballos para este certame e o prazo remata o vindeiro día 25 deste mes. Poden participar todos os nenos e nenas que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir neste 2016).
27/04/2016
O Concello ven de convocar o concurso fotográfico Cervo Respecta 2016, que foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez.
A edil de Medio Ambiente anunciou que “o Concello de Cervo, como xa ven facendo dende hai cinco anos, convoca o sexto concurso fotográfico de Medio Ambiente co título Cervo Respecta, que forma parte das actividades que o noso concello celebrará o vindeiro 5 de xuño no que se conmemora o Día Mundial de Medio Ambiente”.
Manuela Méndez explicou que “é un concurso fotográfico, o tema é calquera aspecto relacionado co medio ambiente e as bases póñense nos folletos informativos que o...
leer más 26/04/2016
O Goberno local do Concello de Mondoñedo convoca o I Concurso de ornamentación de balcóns e fachadas ‘Florea o teu balcón’. O certame, cuxa inscrición estará aberta entre o 30 de abril e o venres 20 de maio, foi dado a coñecer hoxe pola alcaldesa, a popular Elena Candia, e o concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández.
Ambos explican que o que se pretende é a posta en valor dos balcóns como elementos vivos e decorativos da cidade, “porque detrás de cada balcón ornamentado existe unha moi importante contribución cidadá á mellora estética do noso casco urbano, que cobra importancia especialmente coa chegada da primavera e verán”, engaden.
25/04/2016
A Concellería de Medio Ambiente convoca un concurso fotográfico baixo o lema Coidemos a Terra, con motivo da celebración do Día da Terra o pasado día 22.
A edil socialista Noelia María Ben contou que “nel poden participar todas as persoas que o desexen e teñen que mostrar a través dunha fotografía a súa visión no referente á defensa e concienciación do respecto pola natureza”.
A concelleira de Medio Ambiente engadiu que “as fotos teñen que ser do noso pobo e cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías. Haberá tres categorías: ata 12 anos, de 13 a 18 anos e maiores de 18 anos. Por cada categoría haberá un premio de 100 euros, 150...
leer más 17/04/2016
A biblioteca pública municipal de Foz organiza diversas actividades para celebrar o Día do Libro e o das Letras Galegas. Anunciouno a concelleira de Cultura, Silvia Blach, quen explicou que é “unha programación para todos os públicos, onde se mesturan actos para nenos, mozos e adultos, con variedade de actividades como contacontos, obradoiros, presentación de libros, visitas escolares ou certames”.
Silvia Blach especificou que “pasada xa a celebración do Día de Rosalía e do Día da Poesía co Festival dos Namorados, comezamos o mes de abril coa celebración este ano do Día das Artes Galegas dedicado a Castelao, co obradoiro A obra de Castelao en teatro de sombras, a cargo de A Xanela do Maxín para mozos do IES de Foz. Será o vindeiro...
leer más 15/04/2016
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) e o Concello organizan un concurso infantil de postais para celebrar o Día da Nai co lema Unha postal para mamá. O prazo de presentación dos traballos na Biblioteca Municipal remata o día 25 deste mes.
Nas bases do certame explícase que “poderán participar tódolos nenos e nenas ata os 14 anos de idade; establécense dúas categorías: ata os 8 anos e de 9 a 14; a temática das postais fará alusión ao Día da Nai, pois consistirá nunha postal de felicitación por esa celebración; os traballos presentaranse como se fose unha postal (nun folio ou cartolina tamaño A4 dobrado pola metade), na parte de diante levará un debuxo, collage, …. e na parte interior poderá...
leer más 11/04/2016
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o III Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Lendas”.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
O prazo de presentación dos traballos rematará o 8 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección:...
leer más 04/04/2016
A Asociación Cultural e Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín de Celeiro convoca o Concurso Infantil de Debuxo Festa da Merluza do Pincho.
Poden participar neste concurso todos aqueles nen@s que o desexen ata 12 anos (cumpridos ou por cumprir no ano 2016). Os participantes deberán realizar un debuxo ou mural relacionado co pobo de Celeiro ou coa festa de pescada en particular. Estes debuxos deberán facerse a man, non valendo o uso do ordenador, e terán que levar o texto Festa da Merluza de Celeiro.
O prazo de presentación dos traballos remata o 25 de maio do 2016 inclusive e deberán entregarse a algún membro da...
leer más 07/03/2016
Con este concurso organizado pola Delegación de Muller, que dirixe a concelleira Mercedes Alonso, preténdese expresar a unha muller (nai, avoa, moza,…) o que nunca se lle dixo. Un agradecemento que deberá plasmarse nunha frase, debuxo ou fotografía cun texto que reflicta un sentimento cara a unha muller. Poderán enviarse as obras a través das redes sociais do Concello de Foz (twitter, facebook ou instagram) ou ben ao enderezo electrónico muller@concellodefoz.es.
Neste certame colabora CCA-ACIA Foz doando o premio dun vale por un importe de 100 euros.
As bases do concurso recollen que poderán participar todas as persoas que o desexen sen límite de...
leer más 02/03/2016
Acisa convoca el VI Concurso Fotográfico Día do Pai en el que repartirá 550 euros en vales de compra, al que pueden concurrir desde hoy todas las personas mayores de edad que lo deseen, excepto los profesionales que formen parte el jurado. Habrá dos modalidades: redes sociales y vía postal. La participación en la modalidad postal, con el envío de la fotografía impresa, impide automáticamente la participación en la modalidad de redes sociales.
Los trabajos presentados no pueden haber sido publicados previamente en revistas, periódicos, libros impresos o sistemas online y tampoco pueden haber sido objeto de ningún otro premio fotográfico.
Las imágenes...
leer más