O Concello de Cervo convoca o X Concurso de Narración "Carta a un maltratador" con motivo do día para a eliminación da violencia de xénero.

O Concello de Cervo convoca o X Concurso de Narración "Carta a un maltratador" con motivo do día para a eliminación da violencia de xénero.
 
O Concello de Cervo, a través da Delegación de Asuntos Sociais e Igualdade convoca a décima edición do concurso de narración Carta a un maltratador con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemora o 25 de novembro. O certame foi presentado hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira Pilar Armada.
 
O obxectivo desta iniciativa é sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero. Está destinado a maiores de 12 anos empadroados no Concello de Cervo e cada autor poderá presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles dunha folla cos seus datos persoais. As cartas deben estar escritas en galego e poden presentarse nas oficinas do Concello de Cervo ou na Casa do Mar, de San Ciprián. O prazo para a presentación das cartas remata o 18 de novembro deste ano.
 
Nas bases tamén se establece que o xurado seleccionará unha carta gañadora e o premio será de 100 euros para gastar en calquera establecemento comercial ou hostaleiro do municipio. Ademais o autor ou autora da carta gañadora terá que asistir ao acto público en contra da violencia de xénero que se celebrará na Casa da Cultura de San Ciprián o día 26 de novembro, sábado, para ler o seu escrito.