Certámenes
A Concellaría de Cultura ven de convocar o II Certame Xuvenil Literario e de Artes Plásticas Concello de Ribadeo no que poderán participar xoves mariñáns con idades comprendidas entre os 16 e os 31 anos. O prazo de presentación de traballos estará aberto do 7 de xaneiro ao 31 de marzo. Haberá un premio de 500 euros para cada unha das tres categorías: relato curto, poesía e debuxo e pintura.
O edil de Cultura, Farruco Graña, explicou que “neste Certame poderán participar todas aquelas mozas e mozos nacidos entre o 1 de xaneiro de 1987 e o 31 de decembro do ano 2001 e que naceran e/ou vivan en calquera dos Concellos da Mariña mindoniense. Co ánimo de facilitar a participación do reducido número de estudantes de Bacharelato Artístico no IES Monte Castelo de Burela, aquelas persoas que estean estudando no mesmo o Bacharelato de Artes e non...
leer másA Fundación Imdecum abriu esta semana, por sétimo ano consecutivo, o prazo do concurso do Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña, destinado o estudantado de Secundaria da bisbarra.
Ata o 30 de decembro o alumnado mariñán poderá presentar as súas visións da Mariña nas categorías de fotografía e vídeo. A edición de 2017 da cita estará aberta para os centros que xa participaron en anos anteriores: Monte Castelo e Perdouro (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove), Alfoz-O Valadouro e Foz. Coa chegada de 2017, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.
A iniciativa conta co apoio da Área de Cultura da Deputación...
leer másO Concello de Mondoñedo invita a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante o Nadal. Con esta finalidade, vén de anunciar que dende o Goberno local se porá en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’.
O edil de Educación, Alberto García, explica que a través desta iniciativa o Goberno local promove a participación activa dos veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”.
Así, o concelleiro invita aos mindonienses a que “se sumen a esta proposta decorando a súas fachadas, portais, balcóns ou o que se lles ocorra con motivos propios destas datas tan sinaladas e entre todos promoveremos e difundiremos o espírito destas fechas nun dos municipios, candidato a integrarse en ‘...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Postais. Coma en anos anteriores, o Concurso vai dirixido a nenos/as e rapaces/as de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.
Segundo idade, temos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías haberá tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios consistirán en lotes de libros ou material escolar. O xurado poderá deixar deserto calquera dos premios, se así o considera oportuno.
Unha das postais premiadas poderá ser seleccionada como postal institucional do Concello para as vindeiras festas de Nadal. Neste sentido, este ano...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegación de Cultura e Educación, vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido aos alumnos de infantil e primaria do municipio.
Tal e como explicou a edil responsalbe, Dolores García Caramés, as obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio.
Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono.
O prazo de recepción remata o 27 de novembro. E o fallo do xurado farase público o 30 de novembro.
Caramés apuntou que entre as tres postais finalistas, o xurado elixirá unha que será...
leer másA Biblioteca Pública Municipal convoca os Certames de Poesía e Debuxo Nadal 2017.
No Certame de Poesía poden participar nen@s e moz@s ata 16 anos. O tema xenérico é o Nadal e a recepción de traballos remata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios barreirense. Esta cita está organizada en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo.
O Certame de Debuxo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos. Os traballos, que versarán sobre o Nadal, presentaranse en cartolina tamaño A4 ata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios.
A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca os Certames de Nadal para escolares nas modalidades de Poesía Infantil e Postais. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 15 de decembro no caso do concurso de Postais de Nadal, e o 23 de decembro no do certame de Poesía Infantil Nadal 2017.
No certame de Poesía Infantil Nadal 2017 poderán participar escolares ata 16 anos establecéndose tres categorías:
-A ata os 8 anos.
-B de 9 a 11 anos.
-C de 12 a 16 anos.
Cada escolar poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación dos poemas remata o día 23 de decembro e deberán ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela. O fallo do...
leer más