O 23 de decembro serán entregados os premios aos gañadores da segunda edición do concurso fotográfico "O mellor recuncho de Mondoñedo".

O Concello de Mondoñedo entregará o sábado 23 de decembro os premios aos gañadores da segunda edición do concurso fotográfico ‘O mellor recuncho de Mondoñedo’, que baixo o lema ‘Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta’,  ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2018.
 
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o edil de Educación, Alberto García, deron a coñecer esta mañá o nome dos tres galardoados así como as doce fotografías seleccionadas, unha por cada mes do ano, entre as enviadas polos 38 participantes desta segunda edición do concurso.
 
As doce fotografías, que ilustrarán o calendario municipal de 2018 son as dos seguintes autores:
 
- Xaneiro: Miguel Martínez 
- Febreiro: Alberto García Armesto
- Marzo: Marcos Candia
- Abril: Martín Del Pino
- Maio:Elva Rico
- Xuño: Fran Pernas
- Xullo: Chano Amado
- Agosto: Andrés García
- Setembro: Miguel Paz
- Outubro: Susana Gacio
- Novembro:José Antonio Díaz
- Decembro: Diego García
 
Ademais, os autores das tres mellores fotografías recibirán cadanseu premio que consistirán nunha taza e nunha camiseta de Mondoñedo co lema ‘Mil historias que vivir’, xunto a un libro.  As tres mellores fotografías son, en primeiro lugar, a de Chano Amado; en segundo lugar, Elva Rico e en terceiro lugar, a de José Antonio Díaz. 
 
O mesmo día 23 de decembro tamén se presentará de xeito oficial o calendario para o vindeiro ano,  ilustrado coas doce fotografías seleccionadas. Seralle entregado un calendario a cada un dos autores das 12 imaxes seleccionadas.