A Biblioteca Pública Municipal de Burela convoca os Certames de Nadal para escolares nas modalidades de Poesía Infantil e Postais. O prazo para a presentación dos traballos rematará o 15 de decembro no caso do concurso de Postais de Nadal, e o 23 de decembro no do certame de Poesía Infantil Nadal 2017.
No certame de Poesía Infantil Nadal 2017 poderán participar escolares ata 16 anos establecéndose tres categorías:
-A ata os 8 anos.
-B de 9 a 11 anos.
-C de 12 a 16 anos.
Cada escolar poderá presentar cantos traballos desexe. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo dun folio por unha soa cara.
O prazo de presentación dos poemas remata o día 23 de decembro e deberán ser entregados na Biblioteca Municipal de Burela. O fallo do xurado farase público na primeira quincena de xaneiro do 2018.
No Certame de Postais de Nadal poderán participar todos os nenos e nenas do concello de Burela en idade escolar.
O tema será o Nadal, a técnica libre, e o tamaño da postal 15x20 centímetros pechada e 30x21 cms aberta, en cartolina.
As categorías serán:
-Educación Infantil.
-1º e 2º de Primaria.
-3º e 4º de Primaria.
-5º e 6º de Primaria.
Os traballos remitiranse á Biblioteca Pública de Burela antes do día 15 de decembro ás 20:00 horas.
Os traballos presentados serán expostos ao público na Sala de Arte da Casa da Cultura desde o día 22 de decembro ata o 19 de xaneiro de 2018.