Aniversario
Dicía un mestre meu que para saber hai que ver ou ler. Esta afirmación adáptase perfectamente á actividade deportiva do sendeirismo, que obriga a combinar lectura e visión. Lectura para ter información sólida das distintas rutas que conforman un programa anual e visión para sentir a proximidade da natureza con todo o que esta ofrece.
“Pasada das Cabras” nace no ano 2004 coa vocación de motivar a poboación de Burela na práctica deportiva, adaptada para todas as idades, que favoreza a socialización, a valoración e compromiso co medio ambiente, a etnografía, o coñecemento de lugares singulares e a sensación óptima de compartir experiencias. Iso si, notando os beneficios dun deporte que estimula o físico e tamén o mental.
Nestes vinte anos de andaina acumulamos miles de quilómetros que repartimos pola xeografía...
leer másEste sábado, 28 de setembro, terán lugar os actos centrais de celebración do cuarto centenario da construción do primeiro Forte de San Damián. Haberá unha exposición, visitas guiadas, música e teatro.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, contou que “neste 2024 cúmprense 400 anos da construción do primeiro Forte de San Damián. Ó longo do ano foron levándose a cabo diferentes actividades para celebrar esta data e para dar a coñecer a historia do noso Forte como visitas guiadas, conferencias, presentacións de libros…”.
A edil ribadense subliñou que “este sábado damos un paso máis e inauguramos unha exposición permanente, que é o primeiro paso para o que será o centro de interpretación do Forte de San Damián. Esta instalación estará aberta todo o día para que poida visitarse libremente ou con guía. Ás 20:30...
leer másDesde la organización señalan que “2025 será un año para el recuerdo. La 20ª edición del Resurrection Fest será un homenaje a estos 20 años de historia de la música y volveremos a vibrar con tod@s vosotr@s por nuestro aniversario. Llevamos meses trabajando en esta edición y repetiremos nuestro fin de semana habitual con un festival más especial que nunca, la edición más importante de nuestra historia. Apuntad ya las fechas: del 25 al 28 de junio”.
Muy pronto ya estarán disponibles los primeros abonos para que puedas asegurarte tu plaza en la gran fiesta de la música.
Y añaden: “sabéis perfectamente que vivir Resurrection Fest es mucho más que sólo música. Además de grandes conciertos y artistas exclusivos, la magia del Boulevard, y los infinitos circle pits y walls of death, tanto los más fieles como los que...
leer másA Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, continuando cos actos do trinta aniversario da súa creación, organiza unha comida de confraternidade para rematar o curso.
O xantar terá lugar o 22 de xuño ás 14:30 horas no Restaurante Voar. Esta comida está aberta a todas as persoas que queiran asistir, independentemente de que pertenzan á comunidade escolar actual ou non.
O prezo do menú será de 36 euros para as persoas adultas e de 20 euros para menores de 12 anos. As inscricións poden facerse na Escola ou no propio restaurante ata o 17 de xuño.
A dirección do centro convida a todos a participar nesta comida coa que celebrarán o seu trinta aniversario.
Sen pasado non habería presente e sen presente non haberá futuro.
Acisa Ribadeo cumpre 35 anos traballando co mesmo obxectivo, o fomento da economía e mantendo a Ribadeo coma a vila de referencia no Occidente asturiano e na Mariña Lucense e faino recordando palabras do ex presidente Pablo Vizoso que hoxe en dia seguen sendo dous piares fundamentais para esta asociación: “Para Ribadeo la mejor industria fue, sin duda, el Puente de los Santos” e tamén era un firme defensor do asociacionismo “Es muy importante tener una voz que aglutine a todo el comercio”.
35 anos de largo traballo que Acisa arrincou desde a inauguración da Ponte dos Santos, co obxectivo claro de captar mais clientes de Asturias, ese foi o inicio desta asociación, constituída o 30 de maio de 1989, aproveitando un pequeno grupo de empresarios e comerciantes que xa...
leer másHasta el 25 de abril se pueden retirar las tarjetas para la Gala del 35 aniversario de Acisa Ribadeo, que tendrá lugar en el Parador de Turismo el día 28 de este mes a partir de las 21:00 horas. Un centenar de personas ya han confirmado su asistencia. Las tarjetas, que se venden al precio de 35 euros, deben recogerse en las oficinas de Acisa Ribadeo.
La presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, señala que “la venta de entradas, que abríamos el pasado 1 de abril, marcha a buen ritmo. De todas formas recomendamos que las personas que deseen acompañarnos el próximo 28 de abril se den prisa en retirarlas porque ya quedan pocos días. El plazo se cierra el jueves”.
El gerente de Acisa, Jesús Pérez, indica: “queremos incidir en que esta Gala es abierta a todo aquel que desee asistir. Entendemos esta cita como un evento de...
leer másA Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza unha festa para celebrar o seu décimo aniversario e pechar a tempada de actividades da tempada 2023-24. Será o día 20 de abril, sábado, no seu local social a partir dar 13:00 horas.
Haberá sesión vermú, amenizada por Sandra, e despois comida, sorpresas e sorteos.
A inscrición para participar pode facerse a través do WhatsApp +34722105850 ata o 16 de abril.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo, dentro dos actos do trinta aniversario, xunto co Conservatorio Profesional de Música e Danza de Xixón, organizan un intercambio no que participarán as Big Band´s dos dous centros educativos.
O primeiro concerto será este venres, 1 de marzo, ás 20 horas no Teatro de Ribadeo, con entrada libre, e en segunda quenda terá lugar en Xixón o 7 de marzo (xoves).
En ambos concertos, cada agrupación fará unha parte do concerto en solitario para rematalos coa actuación conxunta dos dous grupos.
Este tipo de intercambios e xornadas de convivencia veñen formando parte ao longo dos anos da programación académica da EMMeD de Ribadeo.
Xa están á venda as entradas para ver a Roberto Vilar en Burela o vindeiro 9 de marzo co espectáculo Celebreixon. Podenb adquirirse en ataquilla.com
O xovense celebrará 30 anos pintando a mona na televisión presentando e acercando o seu humor ao público nunha sorprendente xira por Galicia. Trátase dun espectáculo cheo de risas e moitas sorpresas.
Celebreixon está programada para o 9 de marzo ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Burela.
O 50º aniversario do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, celebrarase cun xantar que terá lugar no Multitusos Ponte de Cuñas o día 17 de decembro, domingo, ás 14:30 horas.
O menú está composto por: mexillóns ao vapor, pescada en salsa de marisco, solombo de porco con cogomelos, pan, sobremesa, café viños tino e branco, cervexa, auga, refrescos e licores.
O prezo é de 35 euros, pero para os nenos e nenas de ata 9 anos custa 17,50 euros.
O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de decembro.