Aniversario
A asociación cultural Saiñas, de Xove, celebrará o seu 40 aniversario cunha cea baile que terá lugar no restaurante Louzao, de Viveiro, o 4 de novembro, sábado, ás 22:00 horas.
A organización anuncia que “haberá sorpresas varias, momentos emotivos e moita troula”.
Os interesados en asistir poden apuntarse a través deste enlace:
https://forms.gle/Rpt4PnyD7bi3YWz87 ou enviando unha mensaxe de texto ao teléfono 679 66 71 94 cos datos (nome, apelidos e teléfono de contacto). A data límite para inscribirse é o 29 de outubro.
A asociación cultural Saíñas, de Xove, celebra o seu 40 aniversario coa celebración da XXXVII edición do festival folclórico San Bartolo e cunha exposición.
O festival será este sábado, 19 de agosto, ás 20:00 horas no pavillón polideportivo de Xove e actuarán o grupo La Rotonda, de Viana de Cega (Valladolid) e a agrupación de Saíñas. A entrada é libre e gratuíta. Está organizado pola asociación cultural Saíñas coa colaboración do Concello de Xove e da Asociación de Festexos Montevelle.
A exposición sobre os 40 anos de Saíñas estará aberta ao público no salón de actos do Centro Cívico de Xove desde este mércores, 16 de agosto, ata o 3 de setembro.
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá conmemora o sábado, 5 de agosto, o seu 10º Aniversario, desde que se constituíra aló polo ano 2013.
Aproveitando o “Día do Socio” que celebran cada ano coincidindo coa andaina do mes de agosto, nesta ocasión, se cabe, toma un significado máis especial, por esa primeira década que levan compartindo camiñatas xuntos.
Para esta ocasión, escolleron unha ruta “entre lusco e fusco”, que os levará por diversos puntos do Concello de Lourenzá, adentrándose nalgún lugar do veciño Concello de Mondoñedo, para rematar de novo en Vilanova. Será a denominada “Ruta da Algara” por ser esta unha das zonas polas que pisarán os camiñantes. Consta dunha distancia de 10kms e dificultade baixa; e recomendan desde a organización levar chalecos reflectantes para evitar perigo nas zonas de...
leer másDesde hoxe e ata o 14 de xuño pódense retirar no Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, os tíckets para asistir á merenda-cea do 50 aniversario, que terá lugar o 21 de xuño ás sete da tarde no recinto escolar.
Para proceder á recollida dos tíckets o horario establecido é de 10 a 14 horas polas mañás e de 16 a 17 horas polas tardes na secretaría do centro. O prezo para os adultos é de 9 euros e para as nenas e nenos ata 12 anos de 3 euros.
Durante a xornada do 21 pola mañá, e organizadas pola Anpa A Faxarda, haberá unha xincana por diferentes espazos da vila que Gregorio Sanz adoitaba a frecuentar, na que participará alumnado de 3º a 6º de Primaria. As nenas e os nenos de infantil e de 1º e 2º de Primaria participarán noutra xincana dentro das instalacións do colexio e gozarán tamén dun espazo de xogo libre...
leer másO Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz, de Ribadeo, celebrará o seu 50 aniversario cun acto conmemorativo no auditorio municipal o vindeiro 19 de xuño. E o día 21 haberá unha merenda-cea aberta a toda a comunidade educativa a partir das sete da tarde.
O lema escollido para esta importante data é o de Educando co corazón. Nesa cita intervirán, entre outros, Chemy Lombardero, que foi mestre no centro, o ex director Antonio Martínez, a actual directora, Lourdes Marqués, e un bisneto de Gregorio Sanz. Tamén tomarán a palabra o alcalde ribadense e o conselleiro de Educación. O colofón poñerao a Coral Polifónica de Ribadeo.
A directora do Ceip Gregorio Sanz, Lourdes Marqués, anima “ao alumnado e profesorado, que ao longo destes 50 anos, pasaron polo noso centro a acudir a esta conmemoración que pretende ser unha homenaxe a...
leer másA principios do ano 2008 nacía en Ribadeo a empresa Faro Norte Comunicación, polo que esta firma que dirixe desde entón a xornalista Carmen Cruzado acaba de cumprir 15 anos.
Nestes 3 lustros en Faro Norte ocupámonos da comunicación e a relación cos medios de concellos, grupos políticos, establecementos e outros negocios, asociacións empresariais e colectivos culturais, deportivos, veciñais, etcétera. Tamén levamos a cabo a coordinación, redacción e distribución de publicacións, como boletíns informativos e folletos, para diversas entidades. Contamos con locutores para a gravación de cuñas radiofónicas, audios de spots para televisión e cine, megafonías, etc. E xestionamos publicidade para os nosos clientes en xornais (en papel e dixitais), radios, televisións e cine.
No verán do 2014 publicamos o libro A praia das...
leer másO próximo domingo, 12 de xuño, a ACD Xove está de aniversario, xa que cumpre 20 anos.
Como celebración de aniversario e como clausura desta tempada organizan unha xornada de lecer deportivo, á que están invitados os 242 alumn@s das Escolas Deportivas e Culturais, así como monitores, delegados e colaboradores.
Haberá unha andaina pola ruta dos muíños, un xantar campestre na área recreativa da Ponte do Carro para todos os participantes, ademais de xogos populares como zancos, carreiras de sacos, tiro á corda, chave, ranita e tamén inchables para os máis pequenos e pequenas, globoflexia, chapas e pintura, animación musical e xogos deportivos.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 618 97 61 59
O Concello de Foz está a levar a cabo a realización dun documental no que se recolle a historia do carnaval na localidade, coincidindo coa celebración do 40 aniversario do seu desfile.
Este documental, que se estreará o vindeiro 20 de febreiro, una semana antes do desfile do Entroido 2022, é unha das actividades programadas para a edición especial deste ano, que conta con outras novidades que o concello está a perfilar con detalle.
Este vídeo documental significa unha viaxe polo tempo desde o século XIX ata a actualidade, contemplando as distintas celebracións do entroido na localidade, pasando pola postguerra, ditadura, chegada da democracia e sobre todo a celebración do ano 1982, data na que tivo lugar o primeiro desfile polas rúas da vila.
Mais de 30 persoas de tódalas idades...
leer másDentro da programación arredor dos 124 anos do nacemento do poeta Avelino Díaz celebrarase no Centro Sociocultural de Riotorto un acto que contará coa conferencia do profesor Bernardo Penabade Rei, investigador da obra de Avelino. A charla titúlase "O regreso de Avelino Díaz, cidadán de dous mundos". Tamén actuará a Coral de Riotorto.
O evento, que será presentado por Yoani Jartín Salgado, terá lugar o sábado 15 de xaneiro a partir das 17.00 horas.
A entrada será libre con aforo controlado.
El hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, celebrará su décimo tercer cumpleaños este domingo, día 4, con una sesión vermú que será amenizada por el dúo Zafiro. El aforo es limitado.
La directora del establecimiento, María Hermida, hace un balance positivo de esta andadura: “hemos vivido momentos muy buenos en estos 13 años y el último con la llegada de la pandemia del covid ha sido duro porque nos vimos en la obligación de estar cerrados durante 8 meses. Pero volvimos con energías renovadas y con el objetivo de seguir haciendo nuestro trabajo de la mejor forma posible”.
Hermida explica que “las expectativas para este verano son buenas. Ojalá se cumplan todas las previsiones y podamos trabajar duro”. Y recuerda que “en el Vila do Val contamos con servicio de hotel, restaurante, cafetería y terraza, donde...
leer más