Bolos
O Concello de Trabada organiza o seu II Torneo de Bolos o día 13 de outubro, domingo. A competición neste deporte tradicional galego terá lugar no Campo de Bolos de Trabada ao longo de todo o día, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
O Concello conta coa colaboración no evento do Club de Bolos Ribatra, que conta con membros dos concellos de Barreiros, Ribadeo e Trabada.
"Con esta iniciativa pretendemos dar máis a coñecer este deporte tradicional que durante tantos anos se xogou na nosa localidade", sinala o alcalde de Trabada, Rubén García, que engade: "seguimos ampliando o abano de actividades deportivas dispoñibles no municipio e dándolle uso a este novo campo, construído polo Concello o ano pasado".
O torneo está aberto a xogadores federados e non federados, na modalidade de...
leer másO Concello de Trabada inaugurará o seu campo de Bolos cun torneo que será o domingo 17 de marzo. Terá lugar en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Haberá dúas modalidades federadas: Canteiro e Liña. E as xogadoras e xogadores non federados poderán inscribirse ata o xoves 14 no teléfono 982.13.50.11. As prazas son limitadas.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, explica: “quixemos que a veciñanza contara cun espazo axeitado que lles permitise practicar este deporte tradicional, e agora entra xa en funcionamento con este torneo.
O novo campo de bolos de Trabada serve para garantir a preservación dun deporte que forma parte da nosa cultura e tradición e complementa a ampla oferta deportiva existente no concello”.
Este vindeiro fin de semana, 10 e 11 de setembro, celebrarase nos campos de bolos de Sumoas e de Lago o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA na súa categoría de veteranos.
Para este campeonato vanse desprazar unha treintena de xogadores de toda España, maiormente de Asturias, Madrid e Galicia.
Preveese un gran nivel, xa que ainda que todos os xogadores son maiores de 58 anos, hai alguns que manteñen un nivel competivo impresionante e todavía dan guerra nos campeonatos de España senior.
Contarase coa presencia de varios xogadores que foron campeons de España en categoría senior e incluso co campeón olímpico en Barcelona 92 (os bolos foron deporte de exhibición nestas olimpiadas).
O sábado xogaranse o campeonato individual das categorías de Veterano (de 58 a 65 anos...
leer másHoxe, 18 de outubro, tivo lugar a Xornada de Promoción dos Bolos dirixidas a nenos/as de 5º e 6º de Primaria do Colexio Pedro Caselles e a rapaces/as de 1º de ESO do IES Illa de Sarón, que serven de preludio ao campionato anual que tódolos anos organiza o Concello de Xove a través da Concellería de Deportes.
Mañá, 19 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXXI da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XX edición e a XI da Liga Feminina. O Campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 14 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Sumoas.
A competición prevista para este ano vai ser moi similar á da pasada tempada. O sistema de puntuación, clasificación, etc. é o mesmo da pasada edición.
O calendario para...
leer másUn ano máis, e antes de comezar a XXX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas XORNADAS destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas.
Polas Xornadas deste ano 2018 van pasar 20 alumnos/as de 5º e 23 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 18 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, asimesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter unha doble vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de...
leer másXove acolle os días 15 e 16 de setembro un Campionato de España de Bolos Veteranos e SuperVeteranos.
Despois dos éxitos acadados recentemente nos Campeonatos de España de Juveniles e Senior celebrados no Concello de Nigrán, o Club de Bolos Xove acolle o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE VETERANOS (xogadores de 58 a 65 anos) E SUPERVETERANOS (xogadores de máis de 65 anos), cita que se vai desenvolver este fin de semana na Bolera Municipal de Sumoas, no noso Concello, con arranxo ao programa seguinte:
SÁBADO, 15 DE SETEMBRO.- COMPETICIÓN INDIVIDUAL
As tiradas comezarán o sábado, día 15, ás 10 da mañá e continuarán ata que se decidan os campións individuais das dúas categorías (cunha paradiña para xantar a mediodía). Cada xogador fará un total de 15 tiradas e de aí sairán os 8 mellores Veteranos que se enfrontarán entre sí para decidir o Campeón de España.
Tamén desas primeiras 15 tiradas sairán os 4 mellores Superveteranos, quenes se...
Un ano máis, e antes de comezar a XXIX Tirada de Bolos Concello de Xove, o Concello, a través da súa Concellería de Deporte, xunto co Colexio Pedro Caselles Rollán e o IES Illa de Sarón de Xove, organizan unhas xornadas destinadas a promocionar o xogo dos bolos entre os alumnos/as de ámbalas dúas institucións educativas.
Polas Xornadas deste ano 2017 van pasar 22 alumnos/as de 5º e 18 de 6º de Educación Primaria do Pedro Caselles, e 21 alumnos/as de 1º de ESO do IES Illa de SArón. Nas mesmas se lles van explicar os fundamentos deste xogo autóctono, e todos terán, así mesmo, a oportunidade de xogar.
As xornadas van ter unha dobre vertente, con explicacións teóricas a cargo do Técnico de Cultura Mario Eijo, e unha parte práctica a cargo do veterano xogador José González Rodríguez, quen se vai a encargar de...
leer más