Este vindeiro fin de semana, 10 e 11 de setembro, celebrarase nos campos de bolos de Sumoas e de Lago o CAMPEONATO DE ESPAÑA DE BOLO CELTA na súa categoría de veteranos.
Para este campeonato vanse desprazar unha treintena de xogadores de toda España, maiormente de Asturias, Madrid e Galicia.
Preveese un gran nivel, xa que ainda que todos os xogadores son maiores de 58 anos, hai alguns que manteñen un nivel competivo impresionante e todavía dan guerra nos campeonatos de España senior.
Contarase coa presencia de varios xogadores que foron campeons de España en categoría senior e incluso co campeón olímpico en Barcelona 92 (os bolos foron deporte de exhibición nestas olimpiadas).
O sábado xogaranse o campeonato individual das categorías de Veterano (de 58 a 65 anos) e de Superveteranos (mais de 65 anos )
O domingo pola mañan xogarase o campeonato de parellas, as cales sairán dun clasificatorio que se fará o sábado para escoller as 8 mellores.
O club de Bolos Xove participa enste Campionato con 4 xogadores (3 en veteranos e 1 en superveteranos)