Remataron as Xornadas de Promoción dos Bolos no IES Illa de Sarón, que serven de preludio ao campionato anual que tódolos anos organiza o Concello de Xove, a través da Concellería de Deportes.
O vindeiro 1 de outubro, no Centro Social de Lago, vai comezar unha nova edición, a XXVIII, da Tirada de Bolos Concello de Xove, que no caso da Liga Sub 16 será a XVII e a VIII da Liga Feminina. O Campionato vaise desenvolver ao longo de 18 tiradas, rematando o 4 de marzo do vindeiro ano no Centro Social de Sumoas.
A competición prevista para este ano vai ser moi similar á da pasada tempada. O sistema de puntuación, clasificación, etc. é o mesmo da pasada edición.
O calendario para esta XXVIII edición é o seguinte:
2.016
SÁBADO, 1 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO.
SABADO, 8 DE OUTUBRO.- CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 15 DE OUTUBRO- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS EN MONTE.
SÁBADO, 22 DE OUTUBRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FUTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 29 DE OUTUBRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
SÁBADO, 5 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 12 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ EN PORTOCELO.
SÁBADO, 19 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
SÁBADO, 26 DE NOVEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS.
SABADO, 3 DE DECEMBRO.- CENTRO SOCIAL DE LAGO
2.017
SÁBADO, 7 DE XANEIRO.- CLUB DE PALMEIRO EN A RIGUEIRA.
SÁBADO, 14 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS-MONTE
SÁBADO, 21 DE XANEIRO.- CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE.
SÁBADO, 28 DE XANEIRO.- CENTRO SOCIAL DE O CRUCEIRO EN XUANCES.
SÁBADO, 4 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE A VARA EN XUANCES.
SÁBADO, 11 DE FEBREIRO.- CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ.
SÁBADO, 18 DE FEBREIRO .- CENTRO SOCIAL DE MORÁS.
Sábado 25 de FEBREIRO: Sábado de Antroido
SÁBADO,4 DE MARZO.- CENTRO SOCIAL DE SUMOAS. REMATE DA XXVIII TIRADA DE BOLOS (XVII TIRADA SUB 16 E VIII TIRADA SENIOR FEMININA) COA ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS.