25N
O Concello de Ourol, en colaboración coa Asociación de Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo (BUMEI) e no marco da programación da actividades polo 25N (Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres), está a organizar un obradoiro no que se traballarán diferentes contidos relacionados co empoderamento feminino. Será este xoves, día 28 de novembro, no Edificio Multiusos do Concello de Ourol de 10:00 a 12:00 horas.
“O obxectivo desta actividade é o de contribuír a mellorar o autoconcepto, a autoestima e o sentimento de autoeficacia nas mulleres. Para poder levarse a cabo esta actividade é necesario contar cun grupo mínimo de 5 mulleres. Para anotarse poden poñerse en contacto co Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.559.109 e 677.489.457) ou coa asociación Bumei (teléfono609.837.645)”,...
leer másDende o Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e políticas de Igualdade do Concello de Xove organízase durante a próxima semana unha serie de actos en conmemoración do 25N.
Dende o Concello sinalan: “consideramos vital para cambiar o futuro o traballo coas novas xeracións na concienciación e na importancia da educación en igualdade, para combater a violencia machista”.
25 NOVEMBRO: Proxección das VIÑETAS NARRADAS polo alumnado do CEIP Pedro Caselles Rollán e do IES Illa de Sarón, ás 11:00h. no Salón de Actos. A continuación, lectura de MANIFESTO e creación de un gran LAZO morado na praza do Concello, simbolizando a importancia de cada voz na unidade fronte á violencia contra as mulleres.
25 NOVEMBRO: Decoración da fachada da Casa Consistorial co LAZO morado, símbolo da loita...
leer másO Concello de Viveiro presenta a súa programación para conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra As Mulleres, que inclúe actividades os días 25 de novembro e 2 de decembro.
Os actos comezarán o luns 25 de novembro cunha concentración ás 12:00 horas na que se gardará un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista. Posteriormente, ás 20:30 horas terá lugar o acto central na Praza Maior, no que se procederá á lectura dos Manifestos e se acenderá unha candea por cada muller asasinada no último ano. Asemade, ao longo da tarde do 25N o Grupo de Participación Xuvenil desenvolverá a acción comunitaria “Di Stop á Violencia”.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca “a necesidade de dotar de recursos á xuventude para combater a violencia contra as mulleres. É vital formar á rapazada para...
leer másO Concello de Alfoz presenta o seu programa de actividades para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, baixo o lema "Libres e iguais: cada día máis fortes". Este lema reflicte o compromiso do municipio coa loita contra esta problemática, promovendo a igualdade e a seguridade para todas as mulleres.
Entre as accións previstas, destaca a iluminación da Casa do Concello en cor violeta durante a semana do 25N, como símbolo de rexeitamento a esta lacra social e en apoio ás vítimas. Tamén se realizarán actividades de concienciación nos centros educativos do municipio, tanto no CEIP coma no IES, coa iniciativa "As mulleres que nos constrúen", que se desenvolverá ao longo do curso escolar.
Como parte do programa, o Concello entregará portabocadillos co lema da campaña aos mozos e...
leer másO Concello de Cervo organiza actividades polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero os días 23, 24 e 25 de novembro.
O acto central, en colaboración con Mujeres en igualdad Cervo, terá lugar o luns 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián. Será un acto solidario baixo o título “Unha vela por ti” e a recadación das velas que se merquen alí irá destinada á vivenda tutelada para mulleres vítimas de violencia de xénero con enfermidade mental, da asociación Saúde Mental A Mariña.
Ademais o sábado 23 de novembro terá lugar un taller gratuíto de fotografía de luz negra a cargo de Diana Fajardo, para crianzas e persoas adultas. A inscrición pode facerse na Casa da Cultura ou no teléfono 982.59.51.57. E o domingo, 24 de novembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura farase o visionado...
leer másO luns, 25 de novembro ás 12:30 horas na Casa da Cultura do Concello de Valadouro, terá lugar a representación de O Pano, a cargo de Bátega Teatro como reivindicación e homenaxe da loita do 25N, Día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
O Pano é unha montaxe multidisciplinar que abrangue o drama, o musical e mesmo a ciencia ficción. A autoría e dirección corresponden a Raquel L. Cendán.
Está dirixida especialmente a público adolescente. A actividade está subvencionada pola Área de Cultura de Deputación de Lugo
Sipnose
Celia habita un espazo atemporal que evoca o século pasado. Vende cogomelos no mercado e lixa caixiñas de madeira, gústalle sentir a súa suavidade porque contrasta coa dureza da súa vida. Casou moi nova, mais o seu matrimonio foi tóxico e difícil....
O Concello de Barreiros organiza para os días 24 e 25 de novembro, domingo e luns, actividades polo Día internacional da eliminación da violencia contra a muller, nas que convidan a toda a veciñanza a participar.
Este domingo, día 24 de novembro ás 18:00 horas no centro sociocultural de San Cosme terá lugar a proxección do documental "En deuda con todas. A loita pola despenalización do aborto no Salvador. O dereito a decidir sobre os nosos corpos. Cuestión de xustiza". Logo da proxección seguirase cun espazo de reflexión para coñecer as distintas realidades e contextos sobre os dereitos sexuais e reprodutivos, particularmente de persoas integrantes dalgún colectivo, organización ou movemento de mulleres, feminista e LGBTIQ+. Esa mesma tarde, no centro sociocultural, inaugurarase a exposición fotográfica "Elas deciden: mulleres do mar de El...
leer másRibadeo organiza diversas actividades arredor do 25N. Arrincan esta vindeira fin de semana e prolongaranse ata o 5 de decembro. Haberá unha andaina, teatro, charlas para as familias, contacontos e talleres nos centros de ensino. Por aquí pasarán importantes figuras como José Antonio Vázquez Taín, Mª José Garrido Antón ou Olalla Guimarey.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explicou que “como non podía ser doutro xeito, polo 25N Ribadeo pon o foco na prevención, na identificación, na actuación e na axuda contra a violencia de xénero. Se ben o traballo neste senso é constante durante os 365 días do ano, activarase unha programación especial con motivo desta data”.
A edil ribadense sinalou que “co lema Move ficha contra a violencia de xénero desde o Concello queremos animar a toda a sociedade a dar un paso...
leer másCon motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Ourol organiza un ano máis a Andaina contra a Violencia de Xénero. Será o propio día 25 de novembro, luns, ás 12:30 horas no Paseo da Rega
O Concello de Ourol explica que “esta actividade ten como obxectivo sensibilizar á poboación sobre o problema mundial que representa a violencia contra as mulleres e concienciar tanto a mulleres coma homes da importancia de que todas as persoas axuntemos forzas para rematar con esta lacra da sociedade que acaba coa vida de tantas mulleres cada ano”.
O Concello de Burela organiza actividades os días 24 e 25 de novembro, domingo e luns, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.
O domingo 24 ás 11:00 horas comezará a III Andaina contra a violencia de xénero, que será unha ruta circular de sete quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello.
E o luns 25 de novembro ás 12:00 horas na Praza do Concello haberá a lectura do manifesto institucional, frases contra a violencia e unha mesa informativa do CIM. E ás 12:30 horas representarase a obra de teatro titulada "O soño de Adelina" na Casa da Cultura.